Esta asociación crease con sete obxectivos claramente definidos
nos seus estatutos. Entre algúns puntos destaca a defensa
e potenciación xeral dos clubes da costa, a cooperación con
outras entidades deportivas, culturais, xuvenís e educativas
así como a realización de diversas actividades socio-culturais
e deportivas.
As
adversas condicións meteorolóxicas provocaron que varios representantes
non estivesen presentes na xuntanza.
De Primeira Rexional compareceron o Baio
e o Corme, de Segunda Rexional
asistiron Corcubión, Fisterra,
Soneira, Cee
e Xallas (desculparon
a súa presencia: Camariñas,
Dumbría, Porteño
e San Lorenzo), por último,
de terceira estiveron Laxe
e Raio San Xirol (Buño e Cabana
desculpáronse vía telefónica). Votáronse en falta membros
do Bergantiños cos que,
de momento, os compoñentes da comisión xestora aínda non se
puideron poñer en contacto.
A
parte dos clubes da costa, José Toja, alcalde de Santa Comba
estivo presente e expresou o seu compromiso de solidaridade
e comprometeuse a servir políticamente en 'todo canto faga
falta'. Ofreceuse, se fose menester, a concertar entrevistas
co Secretario Xeral para o Deporte e demáis personalidades
do ámbito político así como a organizar unha cea na que estarían
convidados os trinta e tres representatantes do Fútbol
da Costa.
Polo
tanto, a mesa presidencial, estaba conformada polo propio
alcalde de Santa Comba, José Toja, e os membros da comisión
xestora (Juan Vázquez, Vicepresidente do Xallas; Alejandro
Piñeiro, Presidente do Corcubión e Arturo Conde, Presidente
do Cee).
Juan
Vázquez procedeu primeiramente á lectura do borrador dos estatutos.
Uns estatutos aprobados polos alí presentes e que foron redactados
seguindo fielmente o modelo doutros estatutos de asociacións
deportivas e culturais.
A
sede central estará en Santa Comba
O
Centro Municipal de Cultura de Santa Comba figura como sede
central, aínda que coa posibilidade de crear novas filiais
ou variar a propia sede central se a Asamblea o considerase
necesario.
Deixouse
claro o interese desta asociación en que participen todos
os clubes costeiros e que a figura máis importante sexa precisamente
a Asamblea Xeral formada por todo los socios, dende este organismo,
tomaranse as decisión máis relevantes.
Doce
serán os membros da Xunta Directiva. 'Os doce' reuniranse
unha vez ó ano e, de forma extraordinaria, cada vez que exista
un problema relacionado con algún dos puntos establecidos
nos estatutos.
Un
presidente, un vicepresidente, un secretario, un vicesecretario,
un tesoureiro, un vicetesoureiro e seis vocais conformarán
a Xunta Directiva que será elixida na Asamblea Xeral con caráctar
extraordinario e prevista para o 13 do presente mes de xaneiro
de dousmil un.
Alejandro
Piñeiro 'Jano' e Juan Vázquez candidatos á presidencia
Outros
seis conforman, de momento, o abano da futura Xunta Directiva.
Juan Luís Gómez (Presidente do Soneira), Tito (Presidente
do Nantón), Noya (Presidente do Muxía), Arturo
Conde (Presidente do Cee), José Antonio López (Presidente
do Buño) e Enrique Vázquez (Vicepresidente do Camariñas
).
Polo
tanto, resta que catro compoñentes máis presten os seus servicios
para conformar os doce necesarios. Posteriormente serán elixidos
por sufraxio na próxima Asamble Xeral Extraordinaria. O máis
votado será nomeado presidente e este, co asesoramento dos
outros once, proporá os cargos que ocupe cada un.