FISTERRA
Fin do Mundo

Fin do Camiño
 

 
A singularidade de Fisterra xurde da conxunción de símbolos que a tradición e a historia lle foron atribuindo.Un territorio marcado polo termo, a fronteira, o ocaso metafórico dun itinerario -que tamén é punto final do  Camiño de Santiago- ó que se chega para iniciar posteriormente o retorno.



 
Aquí conflúen, desde tempos inmemoriais, a realidade dunha natureza sorprendente cos valores culturais e etnolóxicos dunha comarca que é preciso descobrir para avivar a capacidade de asombro. Achegarse a Fisterra é como atoparse nun mundo de ensoño no que o mar é o eixe que perfila a súa morfoloxía peninsular, condiciona a estructura das súas comunicacións, dicta os hábitos e costumes dos seus habitantes.
 

 
Sen dúbida é a paisaxe o elemento que prioriza os recursos medioambientais do seu atractivo turístico, entre os que compre salientar a liña de costa e os cantiles, as praias agrestes da costa occidental xunto as coñecidas como O Sardiñeiro, Langosteira, Rostro e 
Mar de Fora.
 

 
Singularmente destacable é a zona do Cabo, último punto da Costa da Morte, onde se ten a sensación de ter alcanzado a fin do mundo. Asomarse aquí, ante a inmensidade do mar aberto, apra contemplar unha posta de sol -como fixera o conquistador romano, Décimo Juno Bruto- é algo que non se pode facer sen estremecerse. Pero o mesmo podemos dicir do seu patrimonio monumental, do conxunto urbanístico da vila con sabor mariñeiro e da arquitectura tradicional das aldeas que conforman o concello.
 

 
Pero ainda hai máis. Pois os forasteiros que se acheguen á vila non deixarán de se sentir sorprendidos polo atractivo das súas festas e as excelencias da súa gastronomía, entre as que destaca o Longueirón como marisco emblemático da zona.
 


Para saberes máis sobre Fisterra : 

Concello de Fisterra : Santa Catalina / 981 74 00 01
 
 

concfist@finisterrae.com