CEE
Porto e potencia industrial 
Sobre a Costa da Morte
 
 
 
 
Emprazada no interior da ría de Corcubión, Cee é hoxe unha moderna
vila industrial e un dos principais motores das terras de Fisterra.
 
Importante  vila porto industrial

A actividade económica de Cee, vila da antiga provincia de Santiago, é notoria xa no séc.XV por mor do seu recollido porto e do seu gran dinamismo baseado na captura de cetáceos. Actualmente, a vida económica de Cee xira ao redor da factoría de ferroaleacións instalada no peirao da vila, principal industria pesada desta comarca. 

O rápido desenvolvemento dos últimos anos converteu a Cee nunha vila moderna que conserva poucos testemuños da antiga parroquia mariñeira, saqueada e incendiada polas tropas napoleónicas en 1809. Entre os restos de interese artístico conservados destacan a Casa de Cotón, do séc.XVIII, e a reconstruida Igrexa parroquial de Santa María de Xunqueira. 

O emprazamento céntrico de Cee convértea en capital de servicios da comarca, cunha consecuente variedade de eventos festivos, e con óptimas comunicacións de acceso aos principais centros turísticos da comarca : Fisterra, Corcubión, Muxía, e as praias de Estorde, Carnota e Lires, areal situado na desembocadura dunha pequena ría aberta ao Atlántico.

 
 
 
Fernando Blanco, benefactor de Cee 

A vila de Cee honra orgullosamente aos seus dous fillos ilustres : Domingos de Andrade, autor da Torre do Reloxio da Catedral de Santiago, e Fernando Blanco Lema, ilustre benefactor da comarca. 

O suntuoso edificio da Fundación Fernando Blanco, inaugurado en 1886 e outrora un dos máis avanzados centros de ensino da súa época, contén importantes coleccións de material de estudo (catálogo de cunchas mariñas e de río, maquetas dos primeiros inventos de século...) e pinturas de diversos autores, entre eles Federico de Madrazo. 
 

Onde comer, durmir e pasalo ben: 

Apartamentos Bellavista 
Camping Ruta Finisterre 
Hostal-Restaurante Playa de Estorde 
Hostal Pereiriña
Casa Jesus
(Turismo Rural)
Festa da Xunqueira
 

Para saberes máis sobre Cee :   
Guía do Concello de Cee