| Viaxe
ás tradicións céltigas de Bergantiños
As terras
de Corme recordan novamente a superficial cristianización
de Galicia ; Na Pedra da Serpe de Gondomil, de idéntica
orixe que a do cabo Santo
Hadrián, unha cruz foi engadida sobre a serpe para desviar
a veneración ofilátrica cara o cristianismo. Fronte
a belida praia da Ermida de Gondomil, na Illa da Estrela,
dous cromlechs e un castro deixaron lugar a unha capela adicada
á virxe, da que hoxe só se conservan ruínas.
Nesta ínsua soterrábanse antigamente os cadáveres
de descoñecidos cuspidos polo mar do Roncudo.
Do mesmo
xeito, no Monte Faro en Brantuas celébrase unha romaría
de grande popularidade que veu substituir un culto precristián.
Pervive outramente a tradición de virar as tellas da ermida
para cambiar a dirección do vento, como aínda se practica
en zonas doutros países celtas. Desde o Monte Faro albíscase
un panorama excepcional : Corme e a súa ría, ponta
Nariga, e o val de Brantuas aberto cara Ponte-Ceso,
lar do Bardo Pondal.
O atractivo
natural de lecer da rochosa costa de Corme compleméntase
coas segredas praíñas de Niñóns,
Morro e Barda. A 1 km. desta, áchase o Castro, marítima
citania pechada por cantís, da que contan as xentes que está
habitada por Mouros, personaxes fantásticos soterráns
da mitoloxía celta que reciben o nome de Mauras en
Irlanda e de Korrigans na Bretaña.
Para
saberes máis sobre Corme :
Concello de Ponte-Ceso : Concello, 18 /
981 71 40 00
Web de Corme e arredores
|