| ·
FESTIVAL
DE DANZA. A
compañía Nova Galega de Danza abrirá o
vindeiro 5 de xuño o primeiro festival de danza no Pazo
da Cultura de Carballo coa obra Alento, fusión de baile
contemporáneo e tradicional galego. |
| ·
'PALABRAS
NO AIRE'. Este
é o título dunha exposición que se poderá
visitar no auditorio de ZAs ata o vindeiro día 6 de xuño.
A exposición está dentro do programa das Letras
Galegas neste concello. |
| ·
'LA
VIDA QUE TE ESPERA'. Este
é o título do filme que Gutiérrez Aragón está
a rodar nestes momentos en Cantabria. O 2 de xuño, o
director trasladarase a Carballo, onde rodará algunhas
das esceas da película. É por isto que as productoras
Tornasol Films y Continental levarán a cabo entre os
días 15 e 17 de maio un casting de extras no Pazo de
Cultura desta localidade. |
| ·
MUSEO
ABERTO DA PREHISTORIA. A
Asociación Cultural Raigañas creará en Cerqueda
un 'Museo Aberto da Prehistoria' co asesoramento do arqueólogo
Antón A. Rodríguez Casal. O museo constituirá un referente
das tres grandes etapas cronolóxicas da arqueoloxía, co cal
esta parroquia malpicá se converterá non só no máis importe
recurso turístico do concello, senón tamén dos máis importantes
de toda a comarca de Bergantiños ou da Costa da Morte. |
| ·
CONCENTRA-CIÓN MOTOTURÍS-TICA 'PELEGRÍNS 2003'. MOTOCLUB
COMPOSTELA, no seu 50 aniversario, organiza a 5ª Concentración
Mototurística PELEGRINS 2003", na que se inclúe unha RUTA TURÍSTICA
Á "COSTA DA MORTE". Os moteiros partirán o vindeiro día 21 de
xunio de Santiago de Compostela. [+
info]. |
| .
COMPETICIÓNS
DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA DA COSTA BERGANTIÑÁ.
Os
concellos de Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Coristanco e
Laracha, integrados na Agrupación Deportiva da Costa
Bergantiñá puxo en marcha o seu programa de actividades
deportivas para a presente temporada. + info nos citados Concellos. |
| .
Está aberto ó público o MUSEO MARÍTIMO SENO de Corcubión.
O horario é de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas. |
| XOVES
DE CINE EN CEE. a delegación de Cultura do Concello de Cee
organiza cada xoves, e ata xuño, un ciclo de cine no salón de
actos da Casa do Concello. Será a partir das 21:00 h. |
| ACTIVIDADES
MUSICAIS DA AA.CC. XOTAINA. A AA.CC. Xotaina, que abriu
a remodelada sede en novembro pasado, organiza novos cursos
de baile e música tradicional. Os interesados deberán anotarse
no Centro Social San Xoán Bautista ou no salón de actos da parroquia;
os venres de 18:30 a 20:30 e os sábados de 15:00 a 20:30 h. |
| FORMACIÓN
EN NOVAS TECNOLOXIAS. Inaugurouse no Centro de Formación
Ocupacional da Casa do Oleiro de Buño o 'Programa de Formación
en Novas Tecnoloxías para o Emprego', que durante un ano organizará
cursos e conferencias sobre as Novas Tecnoloxías da Información
e técnicas de búsqueda de emprego. O programa desenrolarase
por trimestres. |
| E
tamén está aberto en Muxía o Museo Ramón Caamaño, un dos primeiros
fotógrafos da Comarca. Pódense ver recordo e fotografías do
pasado dende os anos 20. Aberto tódolos domingos. |