Web Cam en Faro Fisterra

conhezanos mellor
5º Ano - 3ª Epoca - 30/05/2003
O 1º Buscador da Costa da Morte:
· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis e Apart.
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Fisterra
· En Galicia
· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· AdianteSoneira
· Camiño Santiago
Fútbol e + Futbol e +
Xiria Xadrez Xadrez
Xiria Balonmán Balonmán
Baloncesto Xiria Basket
· Cultura
· Historia (Novos artigos)
· Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Noite Celta
· Noite Rock
· Montebranco
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· C. Comercial
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
Merque fotos da Costa da Morte
· Asesoría
· Seguros D&F
· Seguros Toñito
· Cristalería Vevey
· Fontanería e Gas
· Pladur
· Obradoiro
· Venta de Pisos
· Maquinaria
· Musical JR
· Tenda do Encaixe
· Olería de Marilá
· Zapatos a medida
· Pintura/Arte
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Carnota
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Dumbría
· Fisterra
· Laracha
· Laxe
· Malpica
· Mazaricos
· Muxía
· Ponteceso
· Santa Comba
· Vimianzo
· Versións
· English
· Castellano
RECOMENDAMOS
· Louro.org

Tes algo que decir, estamos esperando !!!

O ARAO COMÚN EXTINGUIUSE EN GALICIA

Ver

Noticias ofrecidas por: WEB COSTA DA MORTE.

DENDE O FINISTERRAE:

Percebeiros do Roncudo
'Percebeiros do Roncudo', por Xulio Correa

APOIÁCHESNOS NA TRAXEDIA...
AGORA QUEREMOS AGRADECERCHO...

VEN Á COSTA DA MORTE
E ... VÍVEA!!

Turismo solidario

 

>>30/05/03 O ARAO COMÚN EXTINGUIUSE EN GALICIA

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO-Birdlife) confirmou a desaparición das colonias de arao común que aniñaban nas Illas Sisargas e cabo Vilán, as únicas zonas de Galicia onde aínda se reproducía esta especie.

O arao común atopábase xa en 'perigo crítico' de desaparición e as súas colonias non puideron soportar o impacto dos verquidos do Prestige, que afectaron gravemente aos lugares onde aniñaban.

>>28/05/03 PEOR O REMEDIO QUE A ENFERMIDADE

Xa fai tempo que vimos denunciando que a maior parte das praias da Costa da Morte aínda non está aptas para o baño. A solución aportada polas autoridades é sustituír o pacente e minucioso traballo dos voluntarios polo máis contundente, aínda que debastador, da maquinaria pesada.

Os traballos de limpeza de moitas das praias da Costa da Morte estanse a facer sen cumprir os protocolos de actuación do Ministerio do Medio Ambiente, abusando da maquinaria pesada e sen a máis mínima sensibilidade medioambiental. De feito, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) ven de denunciar a desaparición dunha praia de coídos en cabo Touriñán (Muxía), preguntándose se esto garda relación coa construcción da piscifactoría de Pescanova nesa zona.

>>28/05/03 MUNICIPAIS 2003 NA COSTA DA MORTE: AS REACCIÓNS

A resposta da xente no pasado 25-M sorprendeu a moitos voluntarios, que procedentes de toda España se achegaron ata a Costa da Morte para colaborar na loita contra o chapapote; por elo, cada vez nos chegan máis mensaxes coma a seguinte:

'de bien nacidos es ser agradecidos

Gracias por habernos dejado con el culo al aire a los gallegos que desinteresadamente y sin afinidad politica nos mojamos por vosotros y pusimos el grito en el cielo, gracias por darnos la espalda. Graicas por dejarme sin argumentos para fomentar el turismo en la costa de la muerte entre todos mis amigos que ahora me preguntan con sorna que porque lo hago. gracias en definitiva por hacerme ver que galicia sigue igual y que su cobardía persiste. gracias por permitir las mofas y los insultos de media europa' .

>>26/05/03 MUNICIPAIS 2003 NA COSTA DA MORTE: OS RESULTADOS

A catástrofe do Prestige case non afectou ao PP na Costa da Morte; mesmo no epicentro da marea negra, Muxía, os conservadores saíron reforzados. As axudas fixeron esquecer o desastre.

BERGANTIÑOS
Cabana   PP PSOE BNG
c. 7 5 1  
vt. 2.146 1.452 285
Carballo   PP BNG CDI PSOE
c. 9 6 4 2
vt. 7.505 5.202 3.582 2.314
Coristanco   PP PSOE BNG
c. 9 3 1
vt. 3.718 1.215 711
Coristanco   PP PSOE BNG
c. 9 3 1
vt. 3.718 1.215 711
Laracha   PP BNG PSOE
c. 12 3 2
vt. 5.162 1.306 1.256  
Laxe   PSOE PP CDI
c. 7 3 1
vt. 1.534 870 268  
Malpica   PSOE AVE PP AIM BNG
c. 4 4 3 1 1
vt. 1.679 1.348 1.152 431 430
Ponteceso   PP PSOE BNG
c. 9 2 2
vt. 2.776 860 691  
SONEIRA E XALLAS
Camariñas   PSOE PP CDI
c. 7 5 1
vt. 2.153 1.533 317  
Mazaricos   PP BNG PSOE
c. 9 3 1
vt. 2.087 899 419  
Santa Comba   PP IXSC PSOE BNG
c. 10 3 2 2
vt. 3.950 1.354 1.037 857
Vimianzo   PSOE BNG PP
c. 7 3 3
vt. 3.214 1.427 1.279  
Zas   PP BNG AVE CDI
c. 6 3 3 1
vt. 1.922 847 829 410
FISTERRA E MUROS
Vimianzo   PP BNG PSOE
c. 6 4 3
vt. 1.636 972 798  
Cee   PP PSOE IXC BNG
c. 7 3 2 1
vt. 2.275 1.237 949 551
Corcubión   AVIC BNG PSOE PP
c. 4 4 2 1
vt. 465 432 204 144
Dumbría   PSOE PP AIXD
c. 8 2 1
vt. 1.525 505 173  
Fisterra   PP PSOE BNG CDI FUOV
c. 6 3 2 1 1
vt. 1.487 756 457 386 218
Muros   CDI PSOE BNG PP
c. 5 5 4 3
vt. 1.827 1.764 1.461 1.140
Muxía   PP PSOE CDI BNG
c. 7 4 1 1
vt. 2.200 1.347 558 304

>>22/05/03 A MAIORÍA DAS PRAIAS DA COSTA DA MORTE AÍNDA NON ESTÁN ÁPTAS PARA O BAÑO.

Segundo un estudio realizado entre os días 17 e 18 do presente mes por biólogos e naturistas de Erva-Ecoloxistas en Acción , o 90% das praias da Costa da Morte presentan diversos grados de contaminación logo de seis meses do afundimento do Prestige e non serían áptas para o baño. Os ecoloxistas advirten tamén que, dada a alta presencia de fuel nos fondos mariños e que este aínda segue a saír do pecio, é de esperar que o fuel siga chegando aos areais nos vindeiros meses. A isto hai que sumarlle a presencia de grosas capas de chapapote baixo a area, polo que a axuda dos voluntarios segue sendo moi necesaria; aínda que dende a Xunta se pense o contrario.

>>19/05/03 A APERTURA DE AUGAS INTERIORES DA COSTA DA MORTE PODERÍA RETRASARSE ATA AGOSTO.

A apertura á pesca e marisqueo en augas interiores da Costa da Morte podería retrasarse ata o 17 de agosto; pois a Consellería de Pesca aumentou o prazo ata esa data para que as aroximadamente 3000 persoas afectadas sigan cobrando as axudas.

[+ info].

>>12/05/03 FESTA DAS LETRAS.

O lugar de O Couto (Ponteceso) está a vivir estes días unha nova edición das súas, xa tradicionais, Festas das Letras.

A Asociación Cultural Montebranco deseñou unha vez máis un amplo e interesante programa de actividades; que foi aberto, aínda que cun día de retraso, polo escritor Manolo Rivas.

As actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil e os Encontros de Normalización serán as referencias para as vésperas ao Día das Letras, no que primarán as actividades lúdicas, con música e xogos para os máis pequenos.

O domingo 18, celebrarase a XX edición da Feira da Artesanía, que contará coa actuación estelar de Susana Seivane e un xantar homenaxe a Manuel Rivas, no que participarán diversos artesáns e escritores.

[+ info].

>>08/05/03 UN PRIMEIRO PAGO DO 15% DAS PERDAS PARA OS DAMNIFICADOS POLO PRESTIGE.

O Fondo Internacional de Indemnización de Danos debido a Hidrocarburos (Fidac) estima que o desastre do Prestige causou perdas, logo de 6 meses, por 1.000 millóns de euros (745 en España, 193 en Francia e sobre 60 en Portugal).

O Fidac ten fixada unha cantidade para compensación de danos de 171,5 millóns de euros, dos cales 24 terán que ser aportados pola aseguradora do petroleiro. Cos 147,5 millóns restantes, o Fidac acordou no día de onte realizar un primeiro pago, o que representaría un 15% do total de danos estimados.

O comisionado do Goberno para o Prestige, Rodolfo Martín Villa, adiantou tamén que no sector turístico as indemnizacións só chegarian a cubrir un 30% das perdas como máximo.

[+ info].

>>05/05/03 PARA NON ESQUENCER.

A Costa da Morte estivo presente unha vez máis nunha manifestación cidadá por mor do desastre do Prestige. Este pasado domingo ao redor de 100.000 persoas segundo os convocantes, 40.000 segundo a policía local, manifestáronse en Santiago para que o Prestige, e as súas consecuencias e ameazas, non sexan esquecidas.

[+ info].

>>02/05/03 A VOLTA A GALICIA 'NUNCA MÁIS' CHEGA Á COSTA DA MORTE.

A plataforma Nunca Máis comezou o pasado día 20 de abril no Barco de Valdeorras coa Volta á Galicia “Nunca Máis” , unha carreira de relevos na que diversos deportistas vanse pasando o manifesto de NM a modo de testemuño e para protestar pola xestión das Autoridades no desastre do Prestige.

O día 30 chegou a volta á Costa da Morte nunha etapa dende a Pobra do Caramiñal ata Fisterra, pasando por Cee, o porto de Brens, a praia de Quenxe, Corcubión e finalmente os alumnos do centro Aspadex de Cee levaron o testemuño ata Fisterra. Nos relevos participaron deportistas de especialidades tan diversas como o ciclismo, piragüísmo ou windsurf.

Hoxe venres percorrerase o tramo Fisterra - Laxe, coa participación de ciclistas e patinadores. Mañá sábado o tramo Laxe - Razo - Laracha, no que participará o Grupo de xinetes de EQUIBER.

[+ info].


Especial Desastre do Prestige

RECOMENDAMOS NO ESPECIAL:

NOVAS Ver
As últimas novas sobre o desastre.

FONDOS DE ESCRITORIO DE NUNCA MÁIS Ver
Tamaños de 800 x 600 e 1024 x 768.

VOLUNTARIADO Ver
Teléfonos, peticións de axuda, ...

OPINIÓNS Ver
As vosas mensaxes.

ALGUNHAS PREGUNTAS SOBRE O 'CASO PRESTIGE' Ver
¿Quen?, ¿Cando?, ¿Como?, ¿Onde?, ¿Por que?.

ABREOS OLLOS Ver
Sobre a actitude dalgúns veciños da Costa da Morte

A LONGA SOMBRA DO SEÑOR ESCURO Ver
¿Que pasa, ou pode pasar co fuel que aínda queda nos depósitos?. ¿Son as solucións escollidas viables?.

 

Se desexas enviar e facer pública a túa mensaxe de apoio ou manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe, podes facelo a través da dirección de correo info@finisterrae.com. Tamén podes ler as mensaxes recibidas.


NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

   
do 2001

CONSIGUE O TEU E-MAIL DA COSTA DA MORTE

Desde Finisterrae.com queremos ofrecerche a posibilidade de ter a túa conta de correo con nós.

SOLICITAO XA


Hostal Áncora
visite os nosos anunciantes

Especial sobre o desastre

FINISTERRAE ENTRE AS PÁXINAS MÁIS VISITADAS DE GALICIA.

Finisterrae.com ocupa o posto número 40 nun ránking das 75 páxinas máis visitadas de Galicia, segundo un estudio da revista de novas tecnoloxías Código Cero, baseado na páxina alexa.com, do grupo Amazón. A web emprega o motor de busca de Google para calcular o posto que ocupa unha web do total das indexadas.

Neste estudio Finisterrae aparece por enriba de webs como a de xacobeo.es ou xerais.es.

FORO DO VOLUNTA-RIADO.

O Concello de Camariñas acaba de estrear na súa páxina web un foro do voluntariado.

En palabras dos seus responsables 'o foro pretende ser un punto de encontro entre todos eles no que se compartan experiencias, informacións e opinións sobre a limpeza das nosas costas, a marea negra e todo aquelo que poda interesar aos voluntarios'.

MANIFESTO CONTRA DA MARXINACIÓN DA COSTA.

Aquí ten o texto íntegro do manifesto contra a marxinación da Costa da Morte no Plan Galicia 2003.

Neste manifesto móstrase a indignación por este 'olvido', por ser precisamente estas costas as máis perxudicadas logo da catástrofe do Prestige e reclámase un Plan Especial Costa da Morte 2003.

Dende Finisterrae.com ofrecémoslle a posibilidade de adherirse ao manifesto enviando un correo co asunto "adhírome ó manifesto contra a marxinación da Costa da Morte" e indicando o seu NOME COMPLETO, D.N.I. e PROFESIÓN.

V CONCENTRA-CIÓN MOTOTURÍS-TICA 'PELEGRÍNS 2003'.

MOTOCLUB COMPOSTELA, no seu 50 aniversario, organiza a 5ª Concentración Mototurística PELEGRINS 2003", na que se inclúe unha RUTA TURÍSTICA Á "COSTA DA MORTE".

Os moteiros partirán o vindeiro día 21 de xunio de Santiago de Compostela.

[+ info].

MARCHA BLANCA DENDE GUIPUZKOA ATA PONTEVEDRA

A Casa de Galicia de San Sebastian-Donostia propuso unha marcha por todo o norte peninsular para protestar polo desastre do Prestige. A proposta vai adiante, incluso ampliada: Bretaña (Francia) - Miño (Portugal).

[+] Info.
Tamén nesta web

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares · Natureza · Lecer · Historia · Onde ir? · Tenda · Novas

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com