| Final
destino do nobre Xallas
A igrexa
barroca de Buxantes, de torre erguida polo mesmo autor da
Torre do Reloxio da Catedral de Santiago, marca o roteiro que acompaña
ao Xallas cara o seu espectacular encontro co Atlántico.
Ao pé
das abas graníticas do Monte
Pindo, perto da morte do Xallas, o enxebre lugar e ermida de
Santa Uxía precede a un ponto panorámico
desde onde se goza dunha das máis abraiantes e variadas paisaxes
das terras de Fisterra, co encorado Xallas,
o desafiante Monte Pindo, e a unión do verdescente río
co mar de Ezaro.
Finalmente,
o Xallas fúndese co Atlántico en caída vertical
de 100 m., nun espectáculo natural único en Europa,
descrito polo Padre Sarmiento na súa Viaje a Galicia
de 1745. A titánica masa de auga, cuxa forza creou un pozo
de 16 m. de profundidade, é actualmente observable en aleatorias
circunstancias por mor da construcción do encoro de Santa
Uxía.
Para
saberes máis sobre Dumbría :
Concello de Dumbria : Lugar de Dumbría
/ 981 74 40 01
Para
coñecer máis sobre esta terra xa podedes mercar o
libro,
As cruces de pedra na
Galiza
na
Librería Trazos, para calquer
consulta mandenos un E-mail a:
trazos@finisterrae.com
|