|
No
1982 obtivo o premio de pintores naïfs artellado pola Fundación
Barrié de la Maza, sendo membro dignatario do xurado o profesor
Xosé Filgueira Valverde e a obra premiada a titulada 'A batalla
do Ebro'.
Realizou
exposicións en Santiago de Compostela, no Hostal dos Reis
Católico, as súas obras estiveron no Pazo Quiñones
de León en Vigo, no Museo de Pontevedra e logo fixeron un
percorrido por Galicia.
Estamos
a falar, ante todo, dun gran idealista, dun extraordinario creador
e mesmo dun constante organizador.
Nas
súas conversas dicía unha e outra vez 'pintores
naïf somos todos'. Naïf é principiante e un
pinta porque sente ese desexo. Así llelo fixo saber ós
rapaces de Vimianzo nunha
conferencia que lles impartiu sobre pintura naïf. Como conferenciante
no Colexio Público de Cabana de Bergantiños explicoulles
ós nenos tódolos seus inventos.
A
TEMÁTICA DA SÚA OBRA
Na súa
obra Lema empregou ante todo a temática que se pode dexergar
nos seus cadros:
Temática
relixiosa: Santos, Cristo, a Virxe, a Trindade.
Vicios sociais: Casas de alterne, drogas.
Históricas: Temas funerarios como o dolmen de Dombate,
castrexos como A Cidá de Borneiro e outros, os romanos, a
batalla do Ebro.
Temática de oficios: Os encofradores.
Temática etnográfica ou popular: A Santa Compaña,
muíños.
Outras
obras tratan asuntos como a paisaxe, pero contamos tamén
cun autorretrato.
Entre
as estampas realizou unha na que a súa protagonista
é a aparición da Virxe da Fátima.
As
súas creacións están en lugares ben distantes
e entre os que cito: Borneiro, Cabana, A Coruña, Palas de
Rei, Suíza e mais.
TÉCNICAS
DO SEU LABOR
Para
face-las súas creacións empregaba acrílico,
acuarela, óleo, témpera.
Primeiro
realizaba un esbozo sobre papel, logo levábao ó lenzo,
despois corrixía e sinalaba as figuras e tódolos elementos
que constituirían o asunto do seu lenzo. Por último
preparaba as témperas e cando todo estaba rematado dáballe
un esmalte especial.
As
súas pinturas xeralmente realizounas sobre lenzo e cartolina.
O lenzo en moitos casos preparábao el co que tivera a man.
Mais
hai que salientar que o óleo derradeiramente deixou de usalo,
xa que lle afectaba á saúde.
Non
esquecía de repetir que a súa técnica consistía
esencialmente en que 'que guste o que fai' e para iso pregunta moito
denantes de elabora-la obra desexada.
Entre
as súas cualidades está a de non ter présa,
nin capricho e tiña un gran interese por sabe-las opinións
dos que lle facían un encargo.
MANUEL
LEMA OTERO
O
señor Manuel era un home llano, sinxelo, nobre, servicial,
galego, popular e amante do seu lugar e da súa terra.
Estaba
sempre disposto a escoitar, sentía necesidade de informarse
e non desbotaba nunca a oportunidade de obter coñecementos.
Na
súa pintura aparece a realidade das cousas tal e como el
as ve, tal e cono lle nacen, tal e como as sente ou tal e como llelas
contaron. Coida moito os detalles, as informacións, as formas
e as necesidades que lle bolen no seu adentro de darlle á
arte a súa arte.
Gústalle
crear, expresar, testemuñar eses mundos afastados da nosa
vida con todo o seu vivir e con tódalas súas necesidades
de amosarnos ese detalle que andamos a buscar, esa anécdota
que nos garda o devezo imperante de coñecencia e doutra época.
O
LEMA OTERO INVENTOR
Desde
estes anos temperáns ata a súa morte foron moitos
os inventos que matinou o seu sempre bulideiro maxín:
|
INVENTOS
|
|
Tella plana
de cemento. (Solicitude de Patente).
|
| Bomba automática
de subir auga sen gasto de enerxía. (Non solicitada
patente). |
| Encubadora de
pitos. (Patentada) |
| Sistema de alarma
anteincendios. |
| Elaboración
de gas metano a partir de esterco. |
| Escopeta de canos. |
| Libros das quinielas. |
| Molde para elaboración
de capiteis para cruceiros. |
| Termómetro
para medi-la temperatura de fornos. |
| Xoguetes articulados. |
Conseguiu
a patente dunha encubadora, número 158.277, asinada por tres
enxeñeiros. A incubadora era 'unha máquina que
con casca de piñeiro, serraduras e leña, alimenta
unha estufa que produce calor para manter un criadeiro de trescentos
polos e catro incubadoras de 150 ovos cada unha. Con contrapesos
de auga, accionados por catro espertadores, funciona un volteador
para darlle as voltas que as galiñas lles dan cando incuban'.
Outro
dos inventos foi un sistema de detención de incendios. 'Un
cordel, pasado por unha roldana, átase onde está a
mercaduría. No dormitorio do dono, encóntrase o outro
extremo da corda. Cando arde o cordel, cae a lata e esperta ó
dono'. Con este sistema mesmo chegou a salva-lo seu criadeiro
de polos nunha ocasión.
Fabricaba
xoguetes con movemento, de vaivén, accionados por gotas de
auga que caían desde un depósito de dous litros de
auga. Un deles era un xogador de fútbol que movía
unha perna e o outro, dous monecos que chocaban as mans.
Nos
primeiros anos construíu unha escopeta de canóns,
ademáis da propia munición. Como o material que a
formaba era pouco resistente, abríuselle no momento do disparo
e houbo de quedar cego.
Como
facerse coa súa obra ou as suas patentes?
|