| Dombate,
símbolo de Galicia
Situada na parroquia de Borneiro, no concello
de Cabana de Bergantiños, a Anta de Dombate foi
poeticamente homenaxeada polo Bardo Pondal como símbolo da
perenne historia de Galicia :
Entonces
eu deixando ambas rendas flotantes,
penoso
iba cuidando, pla Viqueira salvaxe,
nos
nosos xa pasados, nos celtas memorabres,
nas
súas antigas glorias, nos seus duros combates,
nos
nosos vellos dolmens e castros verdexantes.
E
despois a Nemiña, ou que fose ou tornase,
ó
velo desde lonxe indo pla gandra adiante,
sempre
ledo excramaba : O dolmen de Dombate !
A Anta
de Dombate é un dos monumentos megalíticos galegos
mellor conservados ; formado por unha tampa de 4 m. de largo e 7
chantas verticais de 3 m. de alto, está datada arredor do
ano 3000 A.C., entre finais do Neolítico e a Idade do Cobre.
Acháranse no seu interior numerosas inscripcións onduladas
e policromadas de excepcional importancia, consideradas por algúns
arqueólogos como das máis importantes da pintura
megalítica en Europa.
Foran
daquela igualmente achados dúas ducias de ídolos en
forma humana, aliñados na entrada da anta con evidente significación
relixiosa. 5000 anos após o erguemento da Anta de Dombate,
a vida espiritual das terras de Borneiro tornou cara á capela
de Nosa Señora do Carme e cara aos 8 cruceiros espallados
pola parroquia, unha pouco frecuente concentración destas
simples construccións, algunhas delas de arcaica feitura.
|