| Conxunto Histórico-Artístico
de Corcubión
Case
que unida coa veciña vila industrial de Cee,
Corcubión foi declarada conxunto histórico-artístico
en 1985, como cidade monumental das terras
de Fisterra. Os atractivos principais de Corcubión están
caracterizados pola antiguidade e o carácter da nobre arquitectura
da vila :
Pazo
dos Condes de Altamira, construido a finais do séc.XV,
anque ten sofrido múltiples modificacións con posterioridade.
Foi prisión e sá de audiencias do xulgado señorial.
O
porto, reconstruído tras a súa destrucción
polas tropas napoleónicas e máis polo bombardeo a
que o someteron os ingleses para expulsar aos franceses da vila.
A súa especial localización estratéxica e as
súas condicións de abrigo e seguridade fano ideal
como escala para a navegación
deportiva.
Casa
Miñones, vivenda dun industrial local construida en 1899,
reflexa a simbiose entre a arquitectura tradicional galega e o estilo
modernista da época.
Castelo
do Cardeal, fortificación deseñada por La Ferrière
en 1741 que outrora defendía a ría con 12 pezas de
artillería e 96 militares.
Igrexa
de San Marcos, orixinalmente románica do séc.XII,
foi reformada varias veces, unha das últimas en 1832 cando
unha treboada estragou parte da torre. Son salientables no fermoso
conxunto as diferentes representacións vexetais e zoomórficas.
Son
igualmente dignas de mención a recente Capela do Pilar,
construida neste século ; a Capela de San Antonio,
erixida cara 1700 por un descoñecido adicante ; a Igrexa
de San Pedro, do séc.XII ; e o Cabo de Cee, edificado
no ano 1860, desde onde se olla un grande panorama da ría
e das Illas Lobeiras, tráxico cenario de varios naufraxios.
Para
saberes máis sobre Corcubión :
Concello
de Corcubión : A Viña / 981 74 54 00
Corcubion.com
Onde
durmir, comer e pasalo ben:
Hotel
El Horreo
Complejo
Turístico Las Hortensias
|