| A
vila do Fin da Terra
Fisterra
é unha típica vila mariñeira de estreitas
ruelas descendentes cara ao mar. O centro económico e social
do poboamento é o porto,
que acolle unha importante frota pesqueira e unha lonxa de grande
actividade. Desde aquí, os frescos mariscos e peixes son
levados directamente ao pote das enxebres tabernas fisterrás,
célebres pola degustación da máis típica
gastronomía galega.
A
rica herdanza histórica de Fisterra consérvase na
mariñeira capela do Bon Suceso do séc.XVIII, e no
Castelo de San Carlos do séc XVIII, construido para defender
o porto dos alternos asaltos levados polos exércitos de Inglaterra
e Francia. A vila do Fin do Mundo ofrece tamén o lecer da
turística praia da Langosteira, as descoñecidas praíñas
da Riveira e Corbeiro, o senlleiro areal atlántico do Mar
de Fóra, e o espacio natural
do Cabo Fisterra.
De
camiño cara o Faro atópase o Cruceiro e a Igrexa
de Santa María de Fisterra, de base arquitectónica
do séc.XII, declarada conxunto histórico-artístico
en 1985. O interior garda un notable patrimonio etnográfico,
a destacar : unha lauda sepulcral do séc.XV e os retablos
de Nosa Señora, de Francisco de Antas, mestre de obras da
Catedral de Santiago no séc.XVII. Pero especialmente, centra
toda a atención o retablo do Cristo da Barba Dourada, talla
de Romai do séc.XIV, de idéntica factura á
existente en Ourense : o Cristo da Barba Dourada é
obxecto de devota veneración na comarca, sendo o protagonista
da maior festividade de Fisterra, a Semana
Santa.
|