|
Información
ofrecida por: WEB COSTA DA MORTE.
Debémonos dar todos
cita este verán en Cee, que co seu 'Verán
Cultural' ofrece aos amantes do ocio e a cultura unha ampla
variedade de ofertas.
A
Festa de San Cristovo abrirá o programa o día 12
de xullo con varios concertos musicais, coma os do día 14
da Banda de Música Municipal Rosalía de Castro ou o do
Grupo A Roda.
Do
mércores 17 de xullo ao domingo 21 de xullo celebrarase
a XVIII Mostra Cultural Brens 2002, con cinema na
rúa ('Harry Potter e a Pedra Filosofal' o día 17 ás 22:30'),
teatro ('O tremoeiro' polo grupo Candelexas), música
folk e a actuación o xoves 18 de Cándido Pazo na
Casa de Cultura de Brens. Do 20 ao 27 de xullo será o turno
para a I Mostra Cultural Ameixenda 2002; tamén con
cinema na rúa (sábado 20 ás 22:30 Harry Potter achará a
Pedra Filosofal, esta vez no Campo da Festa de Ameixenda),
teatro (o 23 Pandora Teatro representará 'Noveccento')
e as actuacións de música folk, do Mago Pablo
na Casa da Cultura de Ameixenda (o luns 22) e do grupo rock
Glut no campo da festa o mércores 24.
E
seguimos na Ameixenda, pois entre o xoves 25 e o domingo
26 celébranse as Festas do Santiago Apóstolo, coa
actuación estelar de Rocío Caamaño o día 25 e o I
Trofeo Santiago Apóstolo de Ping-pog o sábado 27 de
xullo.
Do
28 de xullo ao 12 de agosto seguirán a música folk, o teatro
e o cinema na rúa, con filmes sonados coma 'Os Outros' ou
'O Señor dos Aneis'.
E
chegan as Festas da Xunqueira e a súa Semana Grande
entre o 12 e o 18 de agosto. Serán protagonistas cotiáns
os pasarruas e charangas e as bandas de música, e en concretro
a Banda de Música de O Rosal (xoves 15) e a Banda
da Escola Municipal de Música de Cee (o día 16).
Terán especial protagonismo os concertos de Urbano Cabrera
o luns 12 ás 21:15 na Alameda, de Berrogüeto ás 00:00
o día 14 na Praza do Concello e de Jarabe de Palo
e Los Chicanos del Sur, no mesmo lugar e hora pero
o venres 16 e sábado 17 respectivamente.
O
peche deste animado 'Verán Cultural' darao o día 31 de agosto
Susana Seivane e a II Festa do Berberecho.
Entrementres
teremos outras citas de interés, como a Feira do Libro
do 8 ao 11 de agosto, a XV Mostra de Teatro entre
o 22 e 29 de agosto e o I Trofeo de Fútbol 'Vila de Cee'.
Máis
de mes e medio de música, cine e teatro e bo xantar, e de
forma ininterrumpida.
En
fin; mentres non chega ese futuro predecido por Huizinga,
onde as máquinas fagan o traballo duro e teñamos
todo o tempo para o ocio, sempre poderemos aproveitar os
eventos que a Costa
da Morte ofrece para este tempo.
|