Libro de VisitasWeb Cam en Faro Fisterra

Entre

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 152 - 15/12/2000

· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
Merque fotos da Costa da Morte
· Tenda do Encaixe
· Tenda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano
NERIA VIAXA A BRETAÑA, PARA DAR A COÑECER A NOSA ARTESANÍA
Un grupo de 18 artesáns e diversas autoridades viaxan a esta preciosa zona francesa.

Información ofrecida por: Radio Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)

Un nutrido grupo de autoridades políticas, e 18 artesáns de diversas disciplinas están a participar dende o Venres 15, no salón dos oficios artesanais, que se celebra na localidade de Flaurient-Lambert, na Bretaña Francesa.

A visita en si, non queda no meramente representativo, senón que dende fontes da propia Asociación Neria, se enmarca este periplo, coma unha magnífica e histórica posibilidade de coñecer de que maneira se explotan os recursos naturais para a obtención de beneficios económicos por medio do turismo.

A Bretaña Francesa, e os concellos que a compoñen, veñen desenvolvendo diversos programas orientados a explotación deses recursos, a vinculacion de oficios artesáns coma recurso de atractivo turístico fai mais atractiva se cabe a visita.

Por certo que Radio Nordés - Cadena SER, emitirá dende esta localidade francesa o programa 'A Cancela', o que constituirá a primeira emisión dende o estranxeiro dunha emisora de radio na nosa bisbarra.

A Asociación Neria, é unha entidade supramunicipal que foi xestora dun plan Leader II da Unión Europea, e na actualidade está tentando que a Costa da Morte se beneficie do programa Leader Plus. Esta entidade está dirixida por D. Xulio Díaz, sendo o secretario D. Xan García, o cal tamén está dirixindo outro proxecto na zona chamado Asoem.net, este proxecto está tamén patrocinado pola UE dentro do Programa Recite II, este proxecto foi concedido ó Instituto de Desenvolvemento da Artesanía, Cultura e Patrimonio (IACP), do cal é presidente o citado D. Xan García Pouso.


NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


Visítenos
visite os nosos anunciantes

ANIMO MAN

Parece ser que Manfred está enfermo, non sal a pasear, está triste, e quere que o deixen estar tranquilo, algúns incluso din que quere morrer en soidade. Este alemán chegou a Camelle alá polos anos 70, din que froito dun naufraxio, instalouse nunha caseta sobre as rochas e caracterizase por estar vestido verán e inverno cun simple taparrabos, e por estar adicado ó arte do seu museo feito con refugallos do mar.

Estes días Man non cobra os vinte pesos da entrada ó seu museo. E aínda que ti non nos vas a ler, QUEREMOS QUE NOS COBRES.

A WEBCAM DA TVG NO FARO DE FISTERRA XA ESTA ARRANXADA

Gracias á TVG por arranxar a webcam do faro Fisterra. Non dubide en visitala.

VARIAS CONFRARIAS SOLICITARAN A DECLARACIÓN DE ZONA CATASTROFICA

Despois de 25 días consecutivos sen faenar, e de poder facelo so dous días en novembro. A situación foi cualificada coma 'extremadamente grave' polo patrón maior da Confraría de Camariñas, D. Jose Antonio Campaña. Os mariñeiros estano pasando moi mal para levar un mínimo de cartos para a casa.

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com