| País
de caza, pesca e tradicións devanceiras
Os espallados
lugares de Santa Comba encóntranse nos outeiros onde nacen
ríos de augas frescas e transparentes, moi prezados
pola súa troita, especialmente en Abuin, Bazar e Xallas.
Landas, bouzas e silveiras acobillan tamén abondantes especies
de caza menor, sendo estas terras lugar óptimo para
a práctica da caza.
As 17
parroquias de Santa Comba, coa capital de mesmo nome e máis
Céltigos como núcleos importantes, conservan
os restos de 15 castros, a destacar o de San Bartolomeu, en Busto,
parroquia de Santa Saviña ; Boaña de Riba, parroquia
de Castriz ; Castro Laberco, en Labradas, parroquia de Mallón,
e máis o de Turnes, na parroquia de Bazar. Merece visita
igualmente o
enxebre conxunto arquitectónico de Freixeiro, coa
súa fonte e Igrexa do séc.XII.
Outras
construccións relixiosas sacralizadoras de antigos cultos
céltigos son a capela de San Bartolomeu, de panorámicas
vistas do Xallas ; o santuario de Rubín, parroquia de Mallón,
capela gótica do séc.XVI na que se localiza a fonte
santa de San Miguel, de efeitos miragreiros para os nenos
doentes, e tamén Santa María de Vilamaior, de romaría
importante onde se realizan ablucións na fonte santa
da igrexa.
Para
saberes máis de Santa Comba :
Concello de Santa Comba : Praza do Concello,
1 / 981 88 00 75
A MOVIDA DE SANTACOMBA
|