|
17
DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS, COMO NON, NA COSTA DA MORTE.
Como
en outras moitas facetas, as nosas comarcas destacan todos os
anos na cantidade e na calidade dos actos que se celebran para
conmemorar este día, que é moito máis que
un día.
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
Manuel
Murguía, a quen se lle adica este ano o día
das Letras Galegas, e que naciu no veciño concello de
Arteixo, será homenaxeado ao igual que todos os seus
antecesores, con multitude de actos en toda a Costa da Morte.
E
coma todos os anos, é a pequena aldea de O Couto, a que
destaca polo seu completísimo programa de actos, que
comezaron o día 14 e non rematarán ata o vindeiro
día 21. Resumindo, diremos que todos estos días
son bos para visitar O Couto, o 14 foi a apertura, hoxe está
adicado a Castelao, o 16 a Novoneira, o 17 asinarán libros
multitude de autores da Costa da Morte, para o 18 a xornada
estará adicada a Murguía, deixando para o 19 un
hoco para a literatura 'Bravú' e o 20 para o encontro
do colectivo 'Brais Pinto' (Ferrín, H. Barreiro, X. F.
Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón Lourenzo,...)
coa Terra de Bergantiños. Deixan para o peche o día
21 a mostra de danza e artesanía en vivo.
Pero
este ano tamén hai outros protagonistas, e destacamos
á comisión que promove a figura de Henrique Labarta
Pose para que se lle adique un Día das Letras Galegas.
Esta comisión ven de celebrar unhas xornadas e segundo
declara o seu portavoz, Jorge Mira, no seu ánimo estivo
'traballar na divulgación desta figura, cos aportes dos profesionais
invitados ó encontro nalgúns casos auténticos especialistas
na vida de Labarta Pose'.
Pero
claro está que ninguén se queda fora, e realizaránse
actos en Cee, Fisterra,
Corcubión, Baio,
Muxía, Dumbría,
Vimianzo, Malpica,
Carballo, Laracha,
etc.
|