|
Esta
Festa da Barca de Muxía,
é unha antiquísima celebración de culto, que sigue
ainda nos nosos días, congregando a unha cantidade inxente de feligreses
que acuden o Santuario da Barca a abalar a pedra, e pasar por debaixo
da Pedra dos Cadrís, pedras que según se pensa
teñen propiedades curativas, e chaman a solidaridade da xente,
xa que si os que se poñen enriba da pedra d'abalar non se coordinan,
esta non se move.
Pero
o tempo foi creando unha festa paralela a festa relixiosa, e converteron
esta festa na romería mais importante da Costa
da Morte, convertindose en punto de encontro para todos os xóves
de toda a Costa da Morte, xoves que chegan a Muxía a milleiros
o sábado á noite, para estar ata ben aberto o día
bailando e disfrutando dun ambiente imponente e cheo de alegría.
Por eso se poden ver todos os anos esceas curiosísimas, ó
mezclarse a xente que regresa da festa e a xente que vai para os actos
litúrxicos do santuario. Festa no máis amplo senso da
palabra.
|
NON
DUDE EN VIR,
SEXA
CAL SEXA O CARIZ DA FESTA QUE PREFIRA.
|
 |
Dentro da
programación deste ano, está prevista a asistencia de
Arsenio Iglesias (O Zorro de Arteixo), que será o encargado do
pregón das festas.
- Verbenas
e demáis.
Aínda
que xa moito antes do día 10 a xente se está achegando
ó Santuario da Barca para asistir ós actos relixiosos,
é o venres cando darán comezo as festas no que á
súa parte lúdica se refire, contando este mesmo día
coas orquestas Los Satelites e Master, que amenizarán a verbena,
os encargados deste menester ó día grande serán
Solano, Océano e Master; para o que ainda resista despois de
pasar toda a noche bailando, o domingo contamos coa actuación
estelar de Marcela Moreno, e a Orquesta Pasarela, pero isto non
é todo, xa que para os aventaxados ainda temos verbena o luns
a cargo de Super Combo e Angel Israel.
A
Comisión de Festas está presidida este ano por D. José
Caamaño Lema, e conta cun presuposto superior ós 13.000.000
de pesetas. Unha gran parte deste presuposto invertirase, como non,
en polvora para anunciar os festexos e en fogos de artificio, que se
realizarán todos os días, tendo dous momentos cumio, un
o sábado a medianoite e outro o domingo pasado ó mediodía,
cuando se lle prenda lume a unha traca de 700 metros de longo, a cal
é considerada por nós como a máis longa de Galicia.
Estimados
señores e señoras, queremos que non se perdan as nosas
festas por nada do mundo, xa que de seguro será algo que non
olvidará xamáis, e para iso contaremos también
cunha festa continua que nos crearán a Charanga NBA, a banda
de Gaitas de Laza, a banda da Arca, a banda de As Pontes, a banda de
Negreira, ...
ESTÁMOLOS
ESPERANDO
|
A
MÁIS POPULAR DAS ROMERIAS GALEGAS
|
|
|
Veño da Virxe
da Barca
da Virxe da Barca
veño
veño de abalar
a pedra
de abalar a pedra
veño
|
Para
máis información chamar ó Concello de Muxía
Tfno: +34 981 742 001
Fax: +34 981 742 298
|