| Bretemosas
terras do Fin do Mundo
Ademáis
do conxunto medieval formado por Moraime, Muxía, e a igrexa
románica de San Martiño de Ozón e seu
grande hórreo, un dos máis grandes de Galicia, compre
destacar as feiras e festividades destas parroquias, entre outras
a Nosa Señora do Carme en Moraime, e San Isidro en Quintáns.
Estas
norteñas terras de Fisterra ofrecen
unha rica escolla para o tranquilo descanso nas belidas, longas
e selvaxes praias de Area Grande, Barreira, Lago, Area Maior,
Espiñeirido, Area Lourido, Nemiña e a senlleira e
minúscula praia de Moreira.
Camiño
do poñente, camiño do Fin do Mundo, os carreiros trazados
a rentes de esgrevios cantís encollen ao ser humán
ante o inmenso panorama da ría de Camariñas
e do Cabo Vilán,
do Cabo Buitra e Cabo da Nave, e do ventoso
e inhóspito espacio natural do Cabo
Touriñán, silenciosa testemuña de incontables
e tráxicos naufraxios.
Para
saberes máis de Muxía :
Concello
de Muxía : Rúa Real, 41 / 981 74 20 01
|