Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 
 
Manuel Murguia.
Henrique Rabuñal Corgo.

O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a história galega desde o levantamento de Solis en 1846 até os tempos esperanzados da II República. Na viaxe, xunto ao do Patriarca arteixán, outros nomes van cobrando vida: Aguirre, Pondal, Vicetto, Rosalia, Curros...

 

Henrique Rabuñal quixo salvar do esquecemento, xustamente no 75º aniversário do seu pasamento, a un dos nosos primeiros historiadores, a un dos teóricos paradigmáticos do nacionalismo pero tamén ao xornalista comprometido, ao crítico de arte e literatura, ao home enfin que simbolizou como ninguén e durante casi un século o compromiso con Galiza. Esa pretensión é a que levou ao xúri do Prémio Carbalho Calero a galardoar este ensaio chamado a converterse en referéncia bibliográfica imprescindíbel dunha das personalidades máis ricas e emblemáticas da nosa história contemporánea.

 

Volver á tenda

 
 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
 
trazos@finisterrae.com