Factoría disco

Web Cam en Faro Fisterra

compre o mellor encaixe e os complementos

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 132 - 04/08/2000

· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Barca
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
· Libros e guías
· Encaixe
· La Tienda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano

Os teus libros on-line

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

 

AS PREVISIÓNS DOS HOSTELEIROS PARA AGOSTO SON MOI BOAS.
Un tempo chuvioso acompañounos o pasado mes de xullo e iso fixo que repercutise moito na ocupación hoteleira da nosa comarca.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser

Fixemos unha enquisa ós empresarios de hostelería da Costa da Morte nun total de dez concellos nos que preguntamos a valoración do mes pasado en canto ocupación hoteleira, a comparación con respecto a outros anos e as previsións para agosto. En liñas xerais todos coincidían nun dato importante o baixón que se produxo no pasado mes de xullo con respecto a outros anos, sobre todo con respecto o ano pasado. A pesar diso hai concellos que notaron unha melloría considerable.

En Camariñas mellorou moito a afluencia de turistas con respecto a outros anos. Nalgúns hostais chegouse o 100% de ocupación na segunda quincena de xullo. En agosto as previsións son tamén moi boas esperando unha ocupación plena. María Miñones Tages empresaria de hostelería da zona informouno da afluencia de alemáns debido a un viaxe organizado para facer senderismo pola zona. Este viaxe xurdíu dunha iniciativa desta empresaria que pedía máis axudas por parte da administración para promocionar actividades que non dependeran tanto do bo tempo como o senderismo.

En Carnota o tempo fixo que baixase moito este mes pasado a ocupación hoteleira. Foi un mes malo para os empresarios deste concello. Un deles botáballe a culpa non tanto a non facer sol, senón a falta de infraestructuras.

Os empresarios de Cee queixáronse do mes de xullo. Según eles foi un mes bastante flouxo con respecto a anos anteriores, debido á pouca afluencia de turistas na zona. Nalgúns hostais non se chegou o 40% de ocupación. A pesares disto as previsións para agosto son moi boas, podéndose acadar o 100%.

Corcubión tamén sufriu un baixón con respecto a anos anteriores. Os empresarios queixanse da pouca promoción que se fai da Costa da Morte. (aínda que hai destacadas excepción como pode ser este web que vostede está a visitar)

No pasado mes de xullo en Dumbría notouse unha melloría con respecto ó ano pasado. Teñen un 10% de estranxeiros e o resto é turismo nacional, prevese unha ocupación para o mes de agosto dun 85%.

En Fisterra as opinións están divididas, hai empresarios que din que o mes de xullo foi máis baixo que o ano pasado pero outros que din que non estivo mal e que esperan para o mes de agosto un 100% de ocupación.

Houbo menos afluencia de peregrinos en Mazaricos este pasado mes de xullo con respecto o ano pasado. Non hai tanto estranxeiro e sí turismo nacional.

En Muxía hai hostais que lles foi mellor que o ano pasado e outros que non, chegando o 40% de ocupación.

En Zas este mes de xullo non foi como o ano pasado, os principais motivos foron o mal tempo e a falta de turistas que veñan a esta zona.

Por último en Vimianzo, notouse tamén o baixón con respecto a outros anos. Moitos turistas debido o mal tempo marchábanse antes.

As previsións para agosto son moi boas, pero queremos aproveitar para comentarlle a todos os visitantes da Costa da Morte, que o espectáculo do noso mar é moito máis impresionante que un día sol. Se quere disfrutar a Costa da Morte en todo o seu explendor non o dubide visitenos en inverno.

NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997

visítenos
visite os nosos anunciantes

Continuamos engadindo espacios para o seu servicio, nesta ocasión é a Axenda Cultural, para que vostede sepa QUE FACER cando veña á Costa da Morte.

O DIA 5, XVII FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS

Segundo contan as lendas locais, no cumio do Monte Castro agochan os mouros un formidable tesouro de barras de ouro e prata dende tempos inmemoriais.A verdade é que ata o de agora ninguén se atreveu a buscar por el, dado que o día que se atope esas mesmas lendas falan de grandes desgracias que provocarían o asolagamento da vila de Zas. Nesta edición, a organización conta coa presencia de máis de 10.000 persoas, o que nos da idea da importancia que ten esta cita dentro do panorama musical galego. E este ano como nas edicións anteriores, o cartel é extraordinario.

Desde as terras natais de Pondal, entra na rede o Hostal Teyma, moi pretiño de onde desemboca o Anllóns, e cunhas calidades excepcionais.

MAIS CELEBRACIONS IMPORTANTES

A fin de semana do 11 ó 13 de agosto celébrase en San Cosme de Antes en Mazaricos, a novena edición da festa da Fervenza. As xornadas abarcan probas deportivas, festas gastronómicas e espectáculos musicais, entre outros. Ademáis, a casa da cultura de Camariñas acolle estos días unha mostra fotográfica dos mellores traballos realizados polos profesionais de Associated Press ó longo dos 150 anos de historia da axencia. A mostra foi organizada polo departamento de cultura da Deputación de A Coruña en colaboración coa delegación de Associated Press en España. A mostra viaxará por distintos municipios da provincia e nela poden contemplarse as imáxenes que impactaron en todo o mundo nos últimos 150 anos

Para que vostede lle poida sacar maior proveito á súa visita ó noso web, ofrecémoslle duas novas seccións, O Tempo e Mapas.

+
 
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturais
Que facer?
Lendas, historia,...
Aloxamento e mais
Tenda
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com