|
Desde
o abismo das profundidades (a uns 3.500 m.), o
Prestige, como un Señor Escuro, ameaza con voltar
e desolar as Terras Medias coas ordas que agocha nas suas
entrañas: unhas 37.000 toneladas de fuel segundo
as últimas estimacións.
Nun
principio, o Goberno asegurou que o casco do petroleiro
resistirá presión e corrosión e o
fuel se solidificaría, negando que os tanques do
Prestige estiveran a perder fuel. Logo, non só
se demostrou que non era así, senón que
a maioría dos expertos aseguran que seguirá
saíndo e contaminando o ecosistema da zona; xa
que
aínda callando, o fuel podería emerxer ao pesar menos
que a auga e licuarse de novo na superficie do mar. Esto
se os tanques do petroleiro non reventan antes.
Segundo
as observacións do batiscafo francés Nautile,
o 10 de decembro confírmase que os depósitos
do petroleiro seguen a soltar fuel, unhas 125 Tn. diarias;
aínda que, según Rajoy, non eran máis
que 'cuatro hilitos de fuel solidificado', que
saían por 'grietas muy pequeñas'.
O Nautile foi contratado polo Goberno, con cláusula
de confidencialidade incluída, para inspeccionar
os restos do Prestige. Os técnicos franceses,
nembergante, advirten da posibilidade de que reventen
os tanques do Prestige e liberen todo o chapapote.
Mentres, o Goberno segue a valorar a posibilidade de extraer
o fuelóleo que aínda queda nos depósitos,
logo do ofrecemento da empresa holandesa Smit Savage para
sacalo e do goberno portugués de compartir os gastos.
A
18 de decembro, a comisión de expertos considera
que serán necesarios polo menos dous meses para evaluar
as diferentes alternativas para a extracción do
fuel, e outros seis para implementar a que se escolla;
total: oito meses. Mentres, o Nautile tratará de pechar
as fendas que poida ao módico prezo de 1,2 millóns
de euros.
Finalmente,
o Nautile remata o seu traballo de selado e o 4 de abril
a
extracción por gravedade foi finalmente a solución
adoptada para extraer as máis de 37.000 Tn que
aínda quedan no 'Prestige'. O procedemento consiste
en abrir un boquete no casco e ir recollendo o fuel que
saia en bolsas, unha solución
semellante a outra apuntada na web Costa da Morte
dende un principio.
A
tarefa foi adxudicada a Repsol, que, de fallar esta opción,
baralla outras, como a extracción por bombeo ou
o confinamento.
Nembergante,
neste riguroso e interesante
artigo, o enxeñeiro Francisco Moreno afirma que
estas solucións son inviables.
Pero
para os mariñeiros, para os mariscadores, para
os transportistas, para a hostelería, para... toda
a xente desta fermosísima zona da Terra Media,
os acontecementos teñen pouco que ver coa épica
de Tolkien e si coa máis crua realidade.
Aínda
así, non sobraría a honradez das xentes
da Comarca Europea, alén do Anel do Poder e dos
intereses particulares, para aglutinar esforzos e esperanzas
na procura de solucións de futuro, encamiñadas
a paliar no posible esta catástrofe e evitar
que outras semellantes se volvan a repetir.
Aquí
podes
facer pública a túa mensaxe de apoio ou
manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe,
tamén
podes consultar as mensaxes recibidas.
|