conhezanos mellor
ESPECIAL
MAREA NEGRA DO PRESTIGE
Pode atopar máis información na nosa páxina de Inicio de finisterrae.com

ABRE OS OLLOS

Comentario desde finisterrae.com a certas actitudes dalgúns veciños da Costa da Morte.

Algunhas actitudes indignan máis que o chapapote. Chegaron á nosa redacción varios correos onde voluntarios mostran a súa indignación pola actitude dos veciños de lugares afectados ante esta catástrofe. Non só non parece importarlles que as suas praias estean contaminadas, senón que ademáis rinse dos voluntarios e do seu traballo.

Desde finisterrae.com quixeramos facer dous comentarios a este respecto:

Primeiro que estas actitudes son, en moitos casos, froito do descoñecemento da verdadeira realidade do problema y de una estructura social pouco acostumada á solidaridade e á responsabilidade colectiva (moi poucas veces, ou nunca antes a tiveran con eles). Moitos ven no traballo dos voluntarios, tamén por certas terxiversacións mal intencionadas, unha reducción no tempo ou na cuantía das axudas; e o traballo no mar ou nas rochas é moi duro e é moi duro volver a xogarse a vida cada día.

En segundo lugar quixeramos facer un chamamento aos veciños da Costa da Morte para que abran os ollos: O problema é máis grave do que se pensa e difícilmente se vai solucionar con limosnas. As indemnizacións teñen que cobrarse polos danos producidos, independentemente do que se tarde en 'limpalos'.

Non é só un problema de responsabilidades ou recursos, senón tamén de dignidade; a que demostran ter tódolos voluntarios.

Así o ven, por certo, moitos outros veciños da Costa da Morte que sí están a colaborar cos voluntarios e incluso fecendo colectas para procurarlles comida; o cal demostra, unha vez máis, a falla de responsabilidade por parte das autoridades.