conhezanos mellor
ESPECIAL
MAREA NEGRA DEL PRESTIGE
Puede encontrar más información en nuestra página de Inicio de finisterrae.com
 

¿ALGUNHAS PREGUNTAS SOBRE O 'CASO PRESTIGE'?

Estas son algunhas das cuestións que sobre o 'Caso Prestige' os feitos propoñen e a suspicacia dispón.

¿Por que o desastre do Prestige desbordou ao Goberno?.

Neste apartado ofrecemos dous artigos:
O papel da Internet no 'Caso Prestige'.
Sálvese quen poida.

¿Quen está detrás do Prestige?.

Reproducimos aquí un interesante arigo que analisa as redes de propiedade e fletamento deste tipo de buques.

¿Por que decidiu o Goberno alonxar o barco da costa?.

Cada vez son máis os expertos que critican a decisión das Autoridades de alonxar o petroleiro da costa en lugar de conducilo a un lugar adecuado (porto, ría ou badía abrigada, praia con fondos de area), rodealo de barreiras anticontaminación e proceder a extraer o fuel; pero, ¿por que o Goberno escolleu a primeira opción?. Esta é unha cuestión á que adicamos un apartado especial, que podes consultar aquí

¿Que ocurreu entre as tres da tarde do 13 de novembro e a mañanciña do día seguinte?.
¿Por que se tardou tanto en enganchar o petroleiro e remolcalo mar adentro?

Aínda sendo a decisión a de alonxar da costa o petroleiro máis aló das 120 millas; como se explica a tardanza na reacción; xa que dende a tarde do 13 de novembro ata a mañán do seguinte día, o petroleiro non só non foi alonxado da costa, senón que mesmo chegou a estar a menos de 4 millas da mesma. O Goberno xustificou, nun principio, esta situación pola falla de colaboración do capitán do Prestige, e agora acusa á empresa Remolcanosa, propietaria do remolcador Ría de Vigo, de neglixencia e incumprimento do contrato de exclusividade firmado co Estado; pois firmou outro o día 15 con Smit Savage. Ademáis, desde Fomento insinúase que as negociacións para a firma do contrato coa empresa holandesa afectou no retraso do rescate.

Pola súa parte, Remolcanosa fixo público un comunicado no que rexeita as acusacións, afirmando que en todo momento o Ria de Vigo estivo ás ordes das autoridades españolas. Declara, asimesmo, que efectivamente se firmou un contrato o día 15 coa armadora do Prestige, Smit Savage e a empresa española Tecnosub para poñer a disposición do rescate do petroleiro remolcadores da empresa, distintos do Ría de Vigo, polo que non existiría incumplimento do contrato de exclusividade firmado co Goberno.

Por outro lado, a empresa rexeita as acusacións de neglixencia e afirma que non se puido alonxar o barco antes porque os sucesivos intentos resultaron infructuosos por causa do temporal e da falla de colaboración da tripulación que aínda permanecía no Prestige.

Sobre este tema tamén resulta esclarecedora a entrevista de La Voz de Galicia con José Luis Velasco, presidente de Tecnosub Internacional, a empresa española que colaborou con Smit Salvage para intentar o rescate do Prestige. Velasco afirma que lles negaron a entrada 'nun porto ou zona de refuxio' e sobre a polémica do Goberno con Remolcanosa confirma as declaracións da empresa galega ao indicar que o remolcador contratado para colaborar con Smit e Tecnosub foi o Charuca Silveira, que non tiña contrato de exclusividade firmado coa Administración.

¿Está logo a culpa no temporal?, ¿na falla de colaboración do capitán do Prestige?, ¿na incapacidade dos arrastreiros para controlar un buque desta embergadura?, ¿ou noutras razóns menos xustificables?. Quizais no xuzgado de Corcubión, onde se segue a causa contra o capitán do Prestige, se poidan aclarar algunhas destas preguntas.

¿Por que se fixo unha travesía tan absurda ao longo da fronte atlántica galega?

Finalmente, na tarde do día 15, os remolcadores Ría de Vigo e Sertosa 32 enganchan ó Prestige e pouco despois póñense en marcha os motores do buque; que, coa escolta dunha fragata da Armada española, tratábase de conducir cara unha distancia de 120 millas das costas galegas. Neste momento o mando das operacións de rescate corrían ao cargo da holandesa Smit Savage, responsable do reflote do submarino Kursk.

A partir de aquí iníciase unha absurda travesía abrindo un amplo abano de fuel ao longo da fronte atlántica galega. Máis absurdo aínda se o que se pretendía era minimizar os efectos da contaminación; pois pola dirección do vento e do mar de fondo nesta época do ano, era evidente que remataría por chegar ás costas, como así foi; e non só ás galegas, senón que afectou tamén a boa parte das costas do norte peninsular.

Nun primeiro momento arrástrase o barco en dirección nor-noroeste co único obxectivo de alonxalo; pero os ténicos da Smit Savage pretendían achegalo a porto e trasvasa-la carga. Agora sábese que Repsol puxo a disposición do goberno as súas instalacións na Coruña; pero o Goberno negouse a que o petroleiro entrara en ningún porto español e tamén o Goberno francés.

En referencia a esto, o capitán do remolcador Ría de Vigo declarou, na súa comparecencia no xuicio que se segue contra o capitán do Prestige no xuzgado de Corcubión, que a decisión de tomar rumbo sur foi da empresa Smit, que pretendía conducir o Prestige a Cabo Verde, onde aceptaran acollelo. Dende Salvamento Marítimo deixaron en mans dos holandeses o mando do rescate, con tal de que o buque fora conducido máis aló das 120 millas, e sen decatarse ou sen importarlles que o novo rumbo levaría a terra o fuel verquido.

Así as cousas, os técnos da Smit deciden coller rumbo sur cara augas portuguesas; mentres, o temporal e os efectos do lastrado e remolque do barco abriran a fenda ata acadar máis de 40 m., que agora se vía exposta á forza da oleaxe. Pero as autoridades deste país tamén lle negaron a entrada, usando mesmo a Armada para lle-lo impedir. O remolcador chino De Da e os seus 21.500 (varias veces máis potente que o mellor remolcador español) ten que virar bruscamente o rumbo. O Prestige non o resiste e parte en dous, para finalmente afundir a 133 millas de cabo Fisterra.

¿Que se fai co fuel que se está a recoller?

Máis do 90% está sendo transportado ás instalacións de Protección Medioambiental S.L., en Lendo - Laracha (A Coruña), onde se acumula.; últimamente estanse a acondicionar fosas impermeabilizadas para tal efecto.

Se o chapapote chega ás instalacións mezclado con arcilla, pásase por un forno a máis de 1.000 º C. e eláboranse ladrillos, non coa intención de ser utilizados na construcción, senón como material inerte de recheo.

Cando a mezcla é de area e fuel, igualmente pásase polo forno a muy altas temperaturas, onde o chapapote arde e a area se inertiza.

Unha pequena parte do fuel recollido é destinado á Sociedade Galega de Resíduos Industriais Perigosos; aínda que está sendo acumulado de momento á espera dun tratamento para convertilo en material enerte.

O fuelóleo que chega mezclado con auga é conducido á terminal de deslastre de Repsol en A Coruña, onde logo é separado da auga e reutilizado no seu proceso productivo.

Cando o groso da marea negra pase e sigan chegando ás praias pequenas bolas de fuel, as xentes da Costa da Morte disporán de cumbustible gratuíto para as súas lareiras. Xa lles faltará o pan; pero non o lume no fogar.

¿Que está a pasar REALMENTE co fuel que o Prestige aínda garda nos seu depósitos?.

A este tema tamén adicamos un apartado especial. Entrar>>

¿Que se pode facer co fuel que aínda quedan nos depósitos?.

Segundo o Goberno, o submarino Nautile logrou xa pechar unha das fendas polas que saía o fueóleo. ¿É logo a intención das Autoridades que o chapapote permaneza nos tanques a máis de 3.500 m. de profundidade á espera de que se solidifique?, ¿ou é que simplemente tratan de poñer un remendo?.

A empresa hoalndesa Smit Savage ofreceuse para extraer o fuel dos tanques do Prestige. O chapapote sería bombeado á superficie a través dun sistema especialmente adaptado para este caso. O Goberno portugués ofreceuso incluso para compartir os custes da operación se esta non era financiada pola Comunidade Europea tal e como solicita Smit Savage.

Pero esta non é a única alternativa para a recolleda - extracción do fuel. Na web http://www.adperfectsystems.com, onde a empresa A.D. Perfect Solutions World System apunta unhas innovadoras solucións para a contaminación por hidrocarburos.

Tamén chegaron á nosa redacción correos que aportan interesantes solucións para extraer o fuel dos tanques afundidos do Prestige.


Aquí podes facer pública a túa mensaxe de apoio ou manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe, tamén podes consultar as mensaxes recibidas.