De
mal en peor. Asi vai a situación ó respecto
dos problemas derivados do pago da multa pola supertasa e
do reparto da cota leiteira para esta campaña. Para colmo
de males, o conselleiro de agricultura, Castor Gago, impedíu
o mércores o paso do Sindicato Labrego á reunión
do sector na Consellería.
Este
sindicato presentou xa unha demanda xudicial pola acción
do conselleiro, que consideran vulnera o seu dereito á
acción sindical. A explicación do conselleiro,
para a Cadena SER, vai aínda máis alá,
Castor Gago considera que tanto o Sindicato Labrego coma o
BNG, están instigando ós gandeiros a saltarse
a sua cota de leite. Así as cousas, a incertidume ábrese
entre os gandeiros.
O
único acordo saído da reunión do mércores,
foi o de constituir unha comisión que vixile mensualmente
que se están a cumprir as cifras da cota, para impedir
que esta diferencia se dispare, como sucedeu este ano.
Unha medida esta que si ven podería axudar a solucionar
esta situación na vindeira campaña, non resolve o problema
derivado da multa deste ano, que alcanzaría os 2.200
millóns de pesetas. Tamén quixemos coñecer máis
datos que lles poidan servir para darse conta da repercusión
destas cuestións na bisbarra.
Segundo
datos oficiais da Xunta de Galicia, na nosa bisbarra existen,
agárrense, 3.734 expolotacións gandeiras. Non
todas teñen o mesmo número de animais, aínda
que por concellos, a palma levaa Mazaricos,
con 891 explotacións, seguido por Vimianzo
con 804 e Zas con 667. O concello que menos número
ten de explotacións é Corcubión,
onde existen 14 centros de explotación gandeira.
Tamén é resaltable o dato de que no seguimento
anual da Consellería, o único concello que non
perdeu explotacións nos últimos anos foi Corcubión,
que mantén o mesmo número desde o 95. Noutros
lugares, coma Vimianzo, nos últimos cinco anos, pecharon
casi cen explotacións, 98 para ser exactos, mentres
en Zas, 67 foron os centros
perdidos.