|
A
Xunta de Galicia estudiará
en profundidade a profesionalización do Encaixe.
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
A
Consellería de Familia, Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude ven de comezar a realizar un estudio sobre
a situación actual do sector co obxectivo de adoptar
medidas para facilitar a profesionalización das palilleiras.
A
actuación, que correrá a cargo da dirección
Xeral de Fomento do Emprego ten coma obxectivo primeiro, segundo
a mesma dirección, o estudio do sector do encaixe a través
de catro niveis básicos, coma son as tipoloxías
empresariais, os modelos xa existentes de comercialización
e xestión, a preanalise da viabilidade e aceptación
doutros modelos de comercialización así coma as
capacidades para a pormoción conxunta e comarcal do encaixe.
Para
D. Justo de Benito, Director Xeral de Fomento do Emprego, con
este estudio prenténdese colocar andazos firmes cos que
avanzar na profesionalización do sector. O estudio, segundo
a consellería, ofrecerá unha descripción
do sector do encaixe, principalmente nos concellos de Camariñas,
Vimianzo e Muxía.
Unha vez avaliada a situación, a Consellería de
Familia pretende contar cos coñecementos necesarios para
deseñar medidas e poñer en marcha actuacións
en prol da profesionalización do sector e dos artesáns,
na súa meirande parte mulleres.
O estudio, ademáis de datos, estatísticas e memorias
sobre a situación socioeconómica da comarca, pretende
contar tamén con entrevistas cos axentes socioeconómicos
máis relevates nestes concellos, así coma enquisas
a empresas, autónomos e productores. Así mesmo
pretendese tamén entrevistar os axentes de desenvolvemento
local destes concellos. Este basto estudio está previsto
que vexa a luz nos últimos do mes de maio.
|