|
XA
ESTA TODO PREPARADO PARA SEMANA SANTA .
Os
actos máis importantes serán a representación
en Fisterra e a Mostra do
Encaixe en Camariñas,
que contará coa primicia da presentación da tenda
electrónica de Encaixes Pilar
.
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
Non
cabe dubida ningunha de que nestas datas a Costa da Morte é
un destino turístico xa consagrado, así o din
os cheos cos que contan todos os establecementos turísticos
da zona.
Ademáis
do encanto natural e etnográfico co que conta a Costa
da Morte, nestas datas de semana santa contamos con estes dous
valores engadidos, que son a representación da Pasión
no impresionante espacio natural de Fisterra, e a X Mostra do
Encaixe de Camariñas, evento que mobiliza a persoas de
todo o mundo e representa unha das citas máis importantes
da programación de todo o ano na Costa da Morte.
Este
ano haberá 23 stands de palilleiras e asociacións,
10 de artesanía en xeral, 15 de artesáns extranxeiros
e outros 17 máis de temas diversos. Como poden comprobar,
todo un evento, que ademáis promove un concurso de deseñadores
xoves, unha bandeira de Bateis, e diversas actividades culturais
máis para nenos e maiores.
Destacan
igualmente os desfiles de importantes deseñadores que
lle dan un toque de distinción a todas as aplicacións
que o encaixe pode ter.
Na
presente Mostra
do Encaixe haberá unha importante sorpresa de cara
á venda do encaixe na rede, e non é outra que
a adquisición da 'Tenda do
Encaixe en Internet' por Encaixes Pilar, unha iniciativa
que leva a esta tenda de encaixe a facerse coa xestión
do que foi a primeira tenda de artesanía galega na rede.
Desde ela pódense mercar desde picados ata mantelerías,
pasando por fio ou a almofada que calquera aficionado necesita
para escomezar a practicar este traballo que en algúns
casos é recomendado como técnica de relaxación.
|