Libro de VisitasWeb Cam en Faro Fisterra

Entre

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 151 - 11/12/2000

· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
compre o mellor encaixe e os complementos
· Tenda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano
CONTINUA O MAL TEMPO E AUMENTAN OS DESPERFECTOS.
A predicción anuncia novas choivas para os vindeiros días co que poden agravarse os desperfectos xa ocasionados polo temporal.

Información ofrecida por: Radio Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)

Comeza a volverse moi longa a lista de desperfectos provocados na Costa da Morte polo continuado temporal de vento e choiva que está a asolar a zona nos últimos sete días.

Agora tócalle a quenda á auga e tódolos records de recollida de auga na bisbarra saltaban o pasado día 5, cando en Vimianzo, e en tan so vinte minutos, eran recollidos máis de 68 litros de auga/m2. Unha inmensa tromba de auga, que entre outras cousas, provocaba importantes desperfectos nunha casa limítrofe co río Grande, á altura da Ponte Roda. Unha casa que en cuestión de minutos se viu completamente anegada, con ata un metro de auga. A esto uníase, coas primeiras luces da maña, a impresión de pobo pantasma na vila, cunha fina capa de lama sobre as estradas; a vía entre Vimianzo e Camariñas cortada por mor dunha fenda no terreo; bolsas de auga e con tódalas tapas de sumidoiros da localidade descolocadas e desbordadas.

Unha clara representación do que foi hora e media de choivas continuas, que non se limitan a Vimianzo. En Muxía, unha ampla zona de estrada entre Cee e a capital municipal está cortada de maneira intermitente por mor das fortes choivas e pola formación de bolsas de auga, que dificultan e fan perigar os vehículos que por alí circulan. A flota continua amarrada, e leva xa máis de quince días, e a predicción anuncia que a cousa continuarrá así. Para os vindeiros días espéranse novas choivas, mentres os ríos se atopan ó limite de desbordarse e o encoro da fervenza leva máis de quince días aberto e proporcionando ós curiosos o espectáculo; eso si, moi fermoso, do salto natural do río Xallas no Ézaro.


NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


Visítenos
visite os nosos anunciantes

DAVID TRILLO, DE BRENS-CEE, INTRODUCE AS SUAS FOTOS NA REDE

David Trillo pon na rede o seu ALBUM DE FOTOS sobre a Costa da Morte a través da páxina persoal de Jorge Pola, un rapaz de 11 anos de Brens, en Cee; páxina ésta xa referida con anterioridade no noso espacio.

A WEBCAM DA TVG NO FARO DE FISTERRA INOPERATIVA

Semella que a webcam da TVG no faro de Fisterra non puido soportar a espectacular beleza dun mar enbravecido polo empuxe do intenso temporal que a Costa da Morte sufríu estes días. Agardamos o pronto reestablecemento do servicio para seguir a disfrutar do mar do Finisterrae.

RECORDE QUE NESTAS DATAS, O MELLOR AGASALLO É UN LIBRO; SOBRE A COSTA DA MORTE, CLARO

Se vostede está pensando como quedar ben á hora de facer un regalo orixinal, non o dubide, na Librería Trazos on-line, vostede poderá mercar ese agasallo sobre a Costa da Morte que de seguro lle gustará. Nas novas seccións de multimedia, arte, mundo celta e incluso de música. REcorde que pode pagar por tarxeta de credito, e si o fai, o envío e GRATUITO a calquera lugar de España.

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com