Libro de VisitasWeb Cam en Faro Fisterra

Entre

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 150 - 02/12/2000

· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
compre o mellor encaixe e os complementos
· Tenda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano
UN IMPRESIONANTE TEMPORAL CAUSA CORTES DE LUZ E DERRUBOS.
Empresarios da Costa da Morte, reclamarán a FENOSA, polas perdas ocasionadas polos cortes de luz.

Información ofrecida por: Radio Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)

A Federación de Empresarios da Costa da Morte, FECOM, será a que se faga cargo das queixas dos empresarios e a asunción de responsabilidades, polos cortes no suministro eléctrico nos últimos días, que causaron perdas aínda sen valorar a varias empresas da bisbarra, aínda que cifradas xa en Baio (Zas) en mais de un millón de pesetas. Nunha reunión celebrada o pasado xoves noite en Baio, foi repartido a varias asociacións empresariais da bisbarra un documento para que os empresarios valoren as perdas. José Gabín, presidente da FECOM, manifestou que 'en base a esas valoracións, se adoptarán as medidas necesarias'.

A patronal esta legalmente asesorada por varios técnicos e avogados, e non se descarta chegar, no caso de que a eléctrica non entre en razóns, a algún tipo de acción legal, xa que, segundo o presidente da patronal, 'o vento e a choiva xa non son escusa suficiente. Estamos no século XXI e estas cousas non son normais' en referencia as constantes idas e vidas do suministro eléctrico na localidade. Nos vindeiros días, podería coñecerse a valoración total do empresariado da bisbarra, sobre canto se perdeu a raíz dos cortes de luz.

A verdade é que o temporal do pasado martes día 28 foi impresionante, incluso collendo de sorpresa ás autoridades, que si tomaron medidas para o xoves 30, pero o verdadeiro vendaval de choiva e auga xa se producira, segundo sabemos, en Laxe, o vento chegou a alcanzar os 130 Km/h, e por suposto trouxonos consigo espectáculos inclibles, non deixe de achegarse un día así á Costa da Morte, o mar bate aínda con máis forza.


NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


Visítenos

visite os nosos anunciantes

XA SON 150 SEMANAS OFRECENDO NOVAS.

A Equipa do Web Costa da Morte e de Radio Nordés - Cadena Ser, estamos moi ledos, xa que son 150 as semanas que levamos ofrecéndolle novas ós moitísimos visitantes deste espacio. Que sepan que tamén son partícipes deste éxito.

GRACIAS POLO SEU SEGUIMENTO, NÓS SEGUIREMOS AQUÍ.

PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL EN CORCUBION

Chegan as festas do Nadal e cando a maioría consume máis do habitual outras persoas non teñen nin para comer. Para este problema o concello de Corcubión ven de presentar o programa de emerxencia social municipal para este ano 2000. Os beneficiarios deste programa de axuda son aquelas persoas maiores de 18 anos que se atopan nunha situación económica moi precaria.

EXPOSICIÓN SOBRE OS NAUFRAXIOS NA COSTA DA MORTE

No centro Blas Espín de Camariñas. O obxetivo desta exposición é mostrar unha parte do material acadado nos últimos anos sobre barcos afundidos nas nosas costas.

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com