Volve a perigar a tranquilidade laboral do transporte público
por estrada. A empresa Arriva xera un novo conflicto e diferencias
entre dirección e empregados, despois de que onte o sindicato
CIG, volvese a saír á palestra para denunciar o incumprimento
sistemático dos últimos acordos entre sindicatos e patronal,
do pasado mes de xullo. A CIG
acusa a dirección da empresa de terrorismo patronal, ante
o despido de tres traballadores e a sanción a outro o parecer
en represalia pola pasada folga. Ademais, manifestan que a
dirección de Arriva ten intención de poñer na rúa a outros
25 traballadores da empresa Finisterre, con concesión como
saben na Costa da Morte, e de que quince deses empregados
xa terían recibido a carta de despido. Así as cousas a CIG
non comprende o porqué desta flagrante rotura do pacto
que ámbalas dúas partes suscribian fai escasos meses.
Xesus
Pastoriza, do sindicato CIG,
afirma que o sector do transporte público ten unha
incidencia demasiado grande sobre a seguridade na circulación
vial, coma para que se abuse dos horarios de traballo, ou
non se respete a xornada laboral e os descansos. O sindicato
declara que non quere unha nova folga, pero tamén se mostran
firmes en que, de ser necesario, volverán a parar.
Xesús
Pastoriza tamén quixo deixar claro que resulta moi preocupante
que unha mesma empresa, de ser así finalmente, rexistre tres
paros laborais nun mesmo ano. O líder sindical calificou coma
moi grave esta situación.