|
|
O
PARTIDO POPULAR EN CAMARIÑAS RETIRA A SUA MOCIÓN DE CENSURA.
Os
populares en Camariñas veñen de retirar a súa moción de censura
ó goberno socialista de Camariñas.
|
Información
ofrecida por: Radio
Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)
Despois dunha semana de tensión, e o parecer polas presións
chegadas dende a dirección provincial do PP, a vista de que
coa actitude dos edís desta forza en Camariñas, podería crebarse
o pacto antitransfuguismo suscrito polas máis importantes
forzas políticas de España.
Os
populares nunha nota de prensa declaran que estas presións,
e o non outras cuestións foron as que provocaron a decisión
de renunciar a moción. O
PP en Camariñas, non se refire na súa nota as recentes declaracións
do tránsfuga no que se apoiaba o voto de censura, Antonio
Castro, nas que este edil, agora do grupo mixto, anunciaba
a súa marcha atrás no apoio a moción de censura.
Así
queda solucionada a primeira grande crise política na bisbarra,
despois de tan so un ano de lexislatura no municipal.
|
IV
XORNADAS DE PREVENCIÓN DE DROGO - DEPENDENCIAS
Os días 22,23 e 24 de novembro darán comenzo estas xornadas
sobre o tema "O neno e o mundo das drogas". Xornadas
que están organizadas pola asociación Neria dentro do
programa de Prevención e Reinserción de Drogo - dependencias.
Está destinado a aqueles profesionais e voluntarios
dos diversos recursos sociais, sanitarios e educativos.
Tamén a membros de asociacións e tódalas persoas interesadas
neste tema. Será no Auditorio Municipal do Concello
de Corcubión. Para máis información contactar co
teléfono 981 70 60 28.
|
|
NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!
visite os nosos anunciantes
|
|
CALÍGULA,
NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO
Ata o 10 de decembro,no Salón Teatro de Santiago de Compostela
pódese ver a obra Calígula, do Centro Dramático Galego
na que participan 4 actores de Cee.
Os mércores, xoves e domingo ás 5 da tarde e os venres
e sábado ás 8 da tarde.
|
|
|
PREVENCIÓN
CONTRA DA SIDA
Foron
iniciados dous obradoiros de Sexo Seguro no IES de Ponte
do Porto dirixidos a rapaces de 3ºde Eso co obxetivo
de previr o contaxio de VIH/Sida, outras enfermidades
de transmisión sexual e embarazos non desexados.
|
|
|
EXPOSICIÓN
EN CAMARIÑAS
Exposición de fotografía na Casa de Pedra de Camariñas,
40 fotografías premiadas na Terceira Edición dos Premios
Luis Ksado. Comenzou o pasado domingo e estará ata o día
21 de novembro.
|
|
|