Envielle xa unha mensaxe

Web Cam en Faro Fisterra

Libro de Visitas

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 147 - 17/11/2000

· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
compre o mellor encaixe e os complementos
· Tenda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano
O PP EN CAMARIÑAS PRESENTA UNHA MOCION DE CENSURA CONTRA DO GOBERNO SOCIALISTA NO CONCELLO.
Os populares en Galicia rexeitan a moción de censura e ameazan coa expulsión ós edís firmantes.

Información ofrecida por: Radio Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)

Si o pasado luns foi unha xornada de nervios, a semana presentase de paixón, e chea de frases para a posteridade. Radio Nordés-Cadena SER, foi quen de poñerse en contacto co edil do grupo mixto, Antonio Castro, que si nada cambia o vindeiro día 24, dará a alcaldía ó partido popular, e o seu líder en Camariñas, Ruperto Mosquera. Castro Pardiñas, quixo antes de nada, contestar as afirmacións chegadas dende o partido socialista, e as feitas onte polo alcalde deste partido en Camariñas, Bautista Santos. O primeiro, Antonio Castro, dixo que non se vendía, e o o alcalde de Camariñas, Bautista Santos, que o acusou de xudas e peseteiro, 'vé demasiadas películas'.

Entón, ¿cal foi a razón deste apoio a unha moción de censura popular?. Antonio Castro, é firme. El ten unhas condicións, que asegurarán o seu voto, e que consisten na realización por parte dos populares, logo da súa entrada no goberno, dunha serie de obras, na opinión do edil tránsfuga, necesarias e demandadas pola xente.

Antonio Castro, negou ter problemas económicos que o puideran levar a aceptar un pago económico a cambio do seu voto. Di, que esta afirmación lle provoca risa. Pero, ademais, o edil camariñán, quere deixar claro que o seu voto de favor ós populares, so se manterá no caso de que se cumpran as condicións que lles impuxo. No caso contrario, non descartaría, cambiar de opinión nun futuro 'e voltar a apoiar o actual grupo de goberno'. Ademais, Antonio Castro, pensa que esta situación non vai provocar enormes cambios na súa vida, nin na súa relación cos veciños da vila, xa que coida que está a respostar á unha demanda popular para que se produza un cambio. Afirmoui que segue a ser de esquerdas, e a situación non lle parece nada agradable porque as súas crenzas políticas son diferentes ás dos populares, e mantense nestas; pero afirma que as cousas se estaban a facer mal dende o goberno socialista e precísase o apoio dun goberno municipal en sintonía co goberno na Deputación e Autonomía.

No último capítulo desta historia; este mesmo xoves 16, o señor Castro renunciou á súa intención de apoiar a moción de censura, según asegurou por reiteradas ameazas de morte.


NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!


Novas do 1997


Visítenos

visite os nosos anunciantes

CALÍGULA, NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

Ata o 10 de decembro,no Salón Teatro de Santiago de Compostela pódese ver a obra Calígula, do Centro Dramático Galego na que participan 4 actores de Cee. Os mércores, xoves e domingo ás 5 da tarde e os venres e sábado ás 8 da tarde.

PREVENCIÓN CONTRA DA SIDA

Foron iniciados dous obradoiros de Sexo Seguro no IES de Ponte do Porto dirixidos a rapaces de 3ºde Eso co obxetivo de previr o contaxio de VIH/Sida, outras enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados.

EXPOSICIÓN EN CAMARIÑAS

Exposición de fotografía na Casa de Pedra de Camariñas, 40 fotografías premiadas na Terceira Edición dos Premios Luis Ksado. Comenzou o pasado domingo e estará ata o día 21 de novembro.

IV XORNADAS DE PREVENCIÓN DE DROGO - DEPENDENCIAS

Os días 22,23 e 24 de novembro darán comenzo estas xornadas sobre o tema "O neno e o mundo das drogas". Xornadas que están organizadas pola asociación Neria dentro do programa de Prevención e Reinserción de Drogo - dependencias. Está destinado a aqueles profesionais e voluntarios dos diversos recursos sociais, sanitarios e educativos. Tamén a membros de asociacións e tódalas persoas interesadas neste tema. Será no Auditorio Municipal do Concello de Corcubión. Para máis información contactar co teléfono 981 70 60 28.

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com