Entre
unhas e outras, con cargo a diferentes plans ou a fondos municipais,
xa son máis de cincuenta as obras que en marcha ou
xa finalizadas viu medrar o concello de Cee. Neste tempo,
evidente resulta a reforma que vive a praza do mercado, as
obras da travesía de entrada á vila, e máis
agachadas, as de arquitectura popular, que afectan a varios
conxuntos etnográficos en varios nucleos do concello.
Na opinión do seu alcalde, o Sr. Manuel Lamela, este
crecemento en infraestructura pública ven dado por
unha clara demanda veciñal destes servicios. Cee medra
en obra pública e servicios porque tamén aumenta
a necesidade destes.
Por
outra banda, o Concello de Cee
está a contar para o mantemento destas infraestructuras
nun futuro, con que a súa utilidade non se vai restrinxir
ó uso que delas poidan facer os veciños da vila,
senón tamén a necesidade que a comarca ten delas,
por non atoparse nada parecido en concellos limítrofes.
Unha
piscina climatizada, unha casa da cultura de catro plantas,
uns mellores accesos, ou enclaves de tempo libre coma conxuntos
etnográficos ou museos, forman parte do que vai ser
a oferta do concello de Cee nun corto prazo. O porque deste
salto urbanístico en materia de obra pública
circunscribese, segundo Manuel Lamela, á cuestión
da financiación. A venda de parcelas do recheo está
a dar ó Concello ceense a capacidade financieira suficiente
para acometer tantos proxectos ó mesmo tempo.
O Concello de Cee está a espera do remate de varias
destas infraestructuras nun prazo de meses, coma pode ser
o caso da reforma da praza do mercado, ou do edificio que
albergará os fondos da Fundación Fernando Blanco,
no antigo edificio da escola de nenas.