De
éxito é a calificación que se da desta
fin de semana dende todas as localidades onde se veñen de
celebrar festas esta fin de semana.
Comezando
cronoloxicamente, a Carballeira
de Zas, foi testemuña da marea de asisitentes a 17ª edición
desta festa zasense. Unha festa na que facer valoracións
do número de asistentes resulta dificil. Si se poden
valorar outras cuestións, coma o exito musical acadado
segundo Fidel Otero, un dos responsables da festa, ou o desbordamento
con respecto á previsión de venda de bebidas
e comida ofertados pola organización. Os asistentes
o encontro musical, acabaron con todo. Fidel Otero indicou
que ás duas da maña, todo o material, tanto patacas,
coma pementos ou carne, ademáis das diferentes bebidas
postas á venda estaban totalemnte esgotadas.
Algo
parecido sucedeu en Fisterra.
Un ano máis o longueirón foi protagonista da
xornada de domingo. A festa adicada a este molusco contou
tamén con grande afluencia de turistas, coma nos contaba
Teresa Fernandez, unha das responsables da organizacion, quen
tamén indicou que foron repartidos mais de 1200 kilos
de longueiron, entre os oito puntos de venda dispostos na
zona da Praia de Riveira, onde se ubicou a festa.
Ademáis,
celebrouse a festa da carne de poldro en Vimianzo,
con reparto de máis de mil racións segundo unha
nota remitida pola organización. Ata as once e media
da noite estiveronse repartindo racións nun evento
no que, coma nota curiosa hai que decir, que o gañador do
sorteo dunha poldra foi un cidadan de orixe chilena, que vendeu
o animal na propia festa.
Tamén
a troita de Baio protagonizou
o xantar do domingo, cun bo resultado segundo a organización.
Por ultimo a Praia do Ezaro,
foi ocupada por multitude de asistentes as difrentes inciativas
que desenvolveron na Festa da Praia da localidade. Un pequeno
dato, duas das parellas participantes no baile do cañoto nesta
localidade, chegaron a estar ata media hora bailando, co cañoto
de millo entre as duas narices.
E esta fin de semana mais. Atencion ó calendario dos
vineiros dias; Festas patronais
en Cee e Laxe o quince
de Agosto. Festas de Agosto en Vimianzo,
Festa da Fervenza en Mazaricos,
Festa do Pulpo en Muxía
e O Carme en Sardiñeiro
(Fisterra) esta mesma fin de semana.
'Cada
vez resulta máis complicado estar en todas'.