O
grupo Calvo é unha das empresas conserveiras máis
importantes do mundo, e ten sede en Carballo,
a capital da Comarca de Bergantiños.
Non
fai moitos días, un dos directivos da empresa, D. Manuel
Calvo Pumpido, foi nomeado Consul das Illas Solomon, e incluso
se recibiu nas instalacións da empresa e en diversas
institucións unha delegación deste pais onde
Calvo Pesca conta cunha base de transbordo para os seus barcos.
Nestes
intres, o barco "Alexandro", está en augas
das illas de Guan, en territorio de EEUU, con catorce tripulantes
a bordo. O desprazamento produciuse onde a medio día
por consello das autoridades das Solomon.
Segundo
se está informando por Reuters, o vencedor Sasako,
tivoo bastante fácil, tendo en conta que as Solomon
non contan con exercito, so con policia, á cal xa lle
foran arrebatadas onte as armas e que tanto Australia como
Novacelanda reusaron intervir militarmente. Sasako
dubida que o novo parlamento se constitia hoxe mercores, pero
comenta a idea de convocar eleccións.
Esperemos
que todos estes acontecimentos non impidan a Calvo desempeñar
as suas labores normais, que tanta vida dan en toda Galicia,
e que os seus buques poidan seguir descargando en Laxe
ese peixe que despois de tantos anos fixo dos productos desta
empresa uns do máis afamados do seu sector.