|
CONCENTRACION
DE MULLERES EN CEE.
A
organización de mulleres Buserana ven de convocar a todos
aqueles que o dexesen a participar nunha concentración
de mulleres que tera lugar o vindeiro 24 de maio.
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser

A concentración de mulleres terá lugar o vindeiro
24 de maio, na praza do concello de Cee as oito e media da noite.
Esta
actividade esta enmarcada dentro da marcha mundial das mulleres
no ano 2000, unha inciativa de caracter internacional, que reúne
a catro mil asociacións e organizacións de todo
o mundo co obxectivo de promover e defender os intereses da
muller.
Desde
o 8 de marzo e ata o 17 de outubro, colectivos de todolos países
realizarán actos reivindicativos, de xeito silmuntaneo,
ou diferenciado en cada lugar. A concentración coincidará
coa celebración a nivel mundial do dia da muller antimilitarista,
unha coincidencia que non é casual, xa que con este acto quérese
concienciar tamén a opinión pública ó
respecto dos graves problemas que as guerras ocasionan, principalmente,
a mulleres e nenos en todo o mundo.
Non
queda nesta concentración a actividade incluída
nesta marcha, xa que para o día dous de xullo esta prevista
a celebración dunha marcha en Santiago de Compostela,
e para o 10 de outubro preténdese, atención, a
realización dun paro femenino, no laboral e no fogar,
tamén a nivel mundial.
|