|
OS
CIRUXANS ESPAÑOIS REUNENSE EN CEE.
Mais
de corenta profesionais estanse a dar cita no Hospital 'Virxe
da Xunqueira' para participar na 'I reunión de Ciruxáns de Hospitais
Comarcais do noroeste'
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
O
pasado venres pola tarde era inaugurada polo conselleiro de
Sanidade Xose María Hernández Cochón a I reunión de ciruxáns
de Hospitais Comarcais do noroeste.
Ó
Acto que tivo lugar no centro sanitario ceense, asistiron entre
outras autoridades, o presidente do padroado da fundación Jesús
Carames, o rexedor Ceense Manuel Lamela, o director do centro
hospitalario José Rey e o coordenador cirúrxico do "Virxe da
Xunqueira" Alfonso Gulias. Ademáis das respectivas verbas
dirixidas por estas autoridades, neste acto, o responsable do
SERGAS, facía unha revelación importante ó anunciar que un representante
da administración local da zona pasara a formar parte coma vocal
do padroado da fundación "Virxe da Xunqueira".
Esta
inclusión xa ven de realizarse na recentemente fundada entidade
sanitaria do Salnes, e despois duns cambios nos estatutos da
fundación sanitaria ceense, o mesmo podería ser feito na bisbarra.
Escoitamos ó Conselleiro de Sanidade Hernández Cochón…
'Este
posto sería rotatorio, pero aínda non existen prazos para a
creación deste posto, aínda que o conselleiro adiantaba que
podería ser nun breve prazo… '
Con
respecto á reunión de ciruxáns no hospital ceense, tiveron continuidade
todo o fin de semana, con diversos actos orientados en esencia,
segundo os presentes, 'a mellorar a calidade da atención
prestada.'
|