|
Elixida a Costa da Morte
como sede dun Congreso Internacional de Semiótica
Os nosos sinais de identidade a estudio.
Os
tempos son chegados para que se coñeza en todo o mundo a nosa historia
escrita en pedra e en tempo. Non puideron escoller mellor a sede deste
congreso, xa que de seguro os asistentes descubrirán unha maneira
de vivir co contorno distinta a dunha grande urbe, onde todo se subscribe
aos sinais comerciais ou impostos. Neste noso recuncho que é a Costa
da Morte ainda queda sitio para a maxia e o imposible, que se preserva
na xente, que mira ao seu redor e non ve só cos ollos, senón
tamén coa imaxinación, e onde calquera foráneo tan
só ve un cumio pelado dunha montaña, el ve o respeto, o medo,
o poder, o inalcanzabel.
É dicir, pode chegar a ver no Monte
Pindo o Olimpo do Celtas.
De
seguro que os insignes asistentes non poderán olvidar facilmente
unha zona tan chea de significados.
Oitocentos especialistas entre os que destacan
UMBERTO ECO, VARGAS LLOSA, JEAN BAUDRILLARD, UXIO ROMERO ou o mesmo
GABRIEL GARCIA MARQUEZ, visitarán en setembro de 1999 os
lugares de Corme, Camariñas
e Fisterra.
Un dos temas a tratar nestas xornadas será
a Apocalipse. Que mellor que un dia bravo como os que estamos a ter, vendo
o noso mar que vén a bater con forza para rachar a impertérrita
Costa; con esta posta en escea impresionante, será dificil que do
maxín do ponente xurda algo mellor para explicar o kaos
ou o fin.
FISTERRA, VIN O FIN ENTRE O TEU MAR E A TUA
TERRA.
(un de tantos levados polo mar)
Hai hoxe oito
dias...
|