| A conxunción da actividade de ABERTAL
concrétase nun producto aplicado a tres eidos : a creación
de contidos para as redes, o turismo on-line e o comercio electrónico.
Unha mostra deste traballo é este espacio virtual feito realidade
o 10 outubro 1997 como producto de un ano de investimento, traballo e creatividade.
No terreo da xestión, Abertal é
unha sociedade innovadora que entende a necesidade de crear novos modelos
organizativos no mundo empresarial. A estructura horizontal propicia a
autonomía dos membros e favorece a súa especialización.
A concepción global de empresa baséase
nunha definición en positivo, que valora os aspectos nos que o noso
país ten avanzado ou presenta fortes vantaxes comparativas. A consolidación
de productos locais é un dos obxectivos da firma nesta primeira
etapa de asentamento, ao tempo que se emprende unha expansión a
niveis territoriais e sectoriais máis amplos.
O espacio finisterrae.com confórmase como
o producto máis acabado e como un dos referentes máis logrados
do traballo de Abertal Comunicacións, S.L.
Este web é un dos novo media locais máis
completos do mundo: non responde ao esquema dos vellos media senón
que nace desde a propia globalidade da rede para dar resposta a un marco
local e viceversa.
Foi un dos primeiros sites en implantar un sistema
de cobro on-line seguro de todo o estado español e é pioneiro
na creación de un medio dixital local a nivel mundial. E tamén
un dos primeiros sitios de base territorial non urbana creado exclusivamente
a partir de iniciativa privada en Europa.
Abertal Comunicacións, S.L.
R/Rio Tambre, 16 - 2º
15100 Carballo - Bergantiños
Tfno.+34 981 75 78 15
Fax 75 78 64
abertal@finisterrae.com
http://www.finisterrae.com/abertal/
Outros traballos de Abertal Comunicacións, S.L.: http://www.riasbaixas.net
|