| Paraxe
de gran beleza natural
Culminando
a 641 m. de altitude sobre a ría de Corcubión,
a panorámica figura do Pindo domina todas as terras do Fin
do Mundo. Nos días despexados, o Pindo entretense cos
tonos mariños e atmosféricos, reflexando a luz en
cores camaleónicas que varían do rosa ao gris.
O espacio
natural do Monte Pindo
encontra o seu complemento mariño na fervenza do Ezaro,
un dos currunchos máis espectaculares de toda Galicia. Unico
lugar en Europa, a auga do río Xallas procedente de Dumbría
caía espectacularmente en fervenza nas augas atlánticas,
creando un pozo de 16 m. de profundidade. O aproveitamento das augas
para producción hidroeléctrica xa no permite contemplar
o magno espectáculo, pero a paraxe posúe aínda
unha incontestable beleza.
Para
saberes máis sobre O Pindo :
Concello de Carnota : San Gregorio, 18
/ 981 85 70 32
Para
saberes máis sobre a súa historia xa podedes mercar
o libro,
Os Celtas: os deuses esquecidos
na
Librería Trazos, para calquer
consulta mandenos un E-mail a:
trazos@finisterrae.com
|