Coast of Death  
Costa de la Muerte   
Côte-de-la-Mort  
Küste von Tod 
 
 
 
 
 
 
Suba da pataca coa chegada do  Nadal 
O tempo reforza tendencia alzista

A chegada do  do Nadal é sinónimo de consumo de productos de calidade.  

Os patróns culturais predominantes en boa parte do planeta aguilloan a sensibilización sobre a calidade e verdadeiro sentido do acto de comer  durante este tempo. Como todos os anos, agardábase unha lixeira suba no prezo dos productos alimenticios. 

A  Costa da Morte, con un forte peso do sector primario, desenvolveu un avanzado sistema de compra e venda, similar ás bolsas e mercados de valores, coñecido como feiras. 

Nas últimas feiras rexistrouse unha forte suba no prezo da pataca, que chegou a alcanzar nalguns mercados as 3.250 pesetas o quintal no tipo kenebec. A fina, variante xenética non artificial e autóctona da pataca, oscilou entre as 5.000 e 6.250 ptas. por quintal. 

O quintal é a medida autóctona usada actualmente nos mercados locais para a pataca. O seu valor de cambio é de 50 unidades kilo no patrón internacional de medidas . A relación "unidade de peso" - "unidade de valor de cambio" adóitase facer aínda en pesos (5 ptas.) para resaltar semanticamente o antigo valor da moeda.  

A forte suba rexistrada nas feiras de  hai  oito dias  e nas primeiras horas de hoxe, quinta feira, débese tamén á auga. A choiva fai que non todas as productoras se animen a vender. Se o tempo  segue asi, haberá máis oscilacións do prezo á alza. 

Nunca choveu a gusto de todos. Neste caso é boa cousa para as productoras que comercializan na feira mais o consumidor terá que pagar un pouco máis se quere disfrutar de un producto de calidade. 

Escampe ou non, a Noiteboa manterá e fará subir  máis a pataca, aínda con stock abondo malia o pouco basto da anada. 
 

 Hai hoxe oito dias tamén fixemos noticia...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com