![]() |
|
Modesto Fraga Así,
nos actos da xornada inaugural interviron o señor alcalde de Fisterra,
Ernesto Insua Olveira, quen destacou a labor de Casto María Insua,
así como tamén a de outros fisterráns emigrados a
Arxentina, o fillo
do homenaxeado, Francisco Insua, que se desprazou dende a capital bonearense
para participar na homenaxe á figura do seu pai, ademais de Modesto
Fraga, quen salientou o labor asociativo de Insua e "a súa decidida
aposta a prol do galeguismo e do Estatuto de Autonomía para Galicia,
do que foi redactor nunha das numerosas comisións creadas a tal
efecto".
Na segunda entrega interveu o profesor da Facultade de Belas Artes, Manuel Sendón, quen ofreceu unha conferencia con proxección de diapositivas relativas á emigarción. As instantáneas pertencían a Ramón Caamaño, Manuel Ferrol e outros autores. O domingo o turno foi para Xosé Neira Vilas, Marcos Valcárcel, Isaac Díaz Pardo e Teresa García Domínguez. Maxistral mesa redonda, presentada baixo o epígrafe "O contexto social e político da colectividade galega en Bós Aires: o papel de Casto Insua". Ante un salón de actos absolutamente abarrotado, os catro autores reflexionaron sobre o feito de identidade que é a emigración, e como sinalou Neira Vilas, "non se pode falar da historia de Galicia sen falar da historia da emigración". O historiador Marcos Valcárcel expuxo brillantemente a relación existente entre a literatura e a emigración. Pola súa parte o polifacético Isaac Díaz Pardo disertoou sobre Casto Insua, a quen dixo non ter coñecido en persoa pero que "se tratou a Prada quere isto dicir que tivo que ser unha persoa moi importante". Por último interveu a historiadora Teresa García Domínguez, membra do Consello da Cultura galega, quen falou da situación dos fisterráns no entorno da colectividade. Nesta histórica mesa redonda estiveron presentes arredor dun centenar de persoas, entre as que se atopaba alcaldes, políticos, escritores, etc.. O acto, asimesmo, foi cuberto pola maior parte dos medios de comunicación galegos, e tivo unha enorme relevancia pública. O venres, día 16 de outubro, tivo lugar a cuarta sesión dos actos de homenaxe cunha conferencia a cargo do historiador Victor Castiñeira Castro. Este fixo unha disertación en relación á súa tese de licenciatura, presentada na Universidade de Compostela baixo o título "Dinámica socio´Demográfica del Finisterrae gallego". A presentación do acto, así como a de todos os restantes, coprreu a cargo de Modesto Fraga. O domingo, día 18, tivo lugar a clausura. Un acto inolvidable e tremendamente emotivo . Primeiramente inaugurouse unha placa en lembranza a Casto Insua, donada polos seus familiares, e que figura xa na súa casa natal de Mallas. A continuación, as asociacións culturais do pobo obreceron unha ofrenda floral en agradecemento á labor dos emigrantes fisterráns en todo o mundo. Na mesma estaban presentes numerosos veciños e amigos de Fisterra. O remate levouse a cabo no novo salón de actos, coa presencia de D. Federico Pomas de la Iglesia, en representación da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas, por ausencia ineludible de Amarelo de Castro; así como cos testemuños de José Fernado Carrillo Ugarte, concelleiro de cultura de Fisterra, e de "Fitucho", como Delegado da Sociedade Finisterre en América. En todos os actos houbo representación institucional, tanto locual como de carácter xeral, asistiron os alcaldes de Fisterra, Corcubión e Cee, concelleiros, o Presidente e vicepresidente da Asociación NERIA, escritores, historiadores, o Presidente e membros da directiva do batallón Literario da Costa da Morte, representantes de asociacións culturais, o delegado e o vicepresidente da Soc. Finisterre en América, da Agrupación "Fisterra Unida", etc. Nos actos déronse lectura
a sendos comunicados de adhesión chegados dende Arxentina;
das asociacións "Fisterra Unida" e "Sociedad Fisterra en América".
A organización dos actos correu a cargo da Comisión de investigación "Casto María Insua", formada por intelectuais, escritores e familiares de Insua. Esta comisión naceu co propósito de "recuperar a memoria daqueles fisterráns que, en vida, contribuíron a dignificar e difundir o nome deste noso confín da terra". Asimesmo, como representante desta
comisión, quero transmitir todo o noso agradecemento pola colaboración
prestada a todos aqueles que, dende un principio, apoiaron e traballaron
na recuperación desta figura; moi particularmente a D. Ernesto Insua
Olveira, ás representates da comisión de investigación
da "Agrupación Fisterra Unida", a D. Francisco Insua, fillo de Casto,
e que nos aportou toda a documentación habida e por haber; a D.
José Fernando Carrillo Ugarte, pola súa dedicación,
á Secretaría xeral para a emigración, moi particularmente
na representación de D. Fernando Amarelo de Castro, ao Concello
de Fisterra, a As. NERIA, ao Seminario de Tui, a Fundación Fernando
Blanco, aos xornais La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia en el
Mundo e A Nosa Terra, e a tódolos veciños de Fisterra e da
comarca polo seu apoio nestas xornadas. A todo o noso agradecemento máis
profunco.
Modesto Fraga,
Fisterra, outubro/98
|
|||||||||
|