Activo
dinamizador, intelectual e fondamente comprometido coa causa do galeguismo,
Casto M. Insua, logra moi pronto introducirse na maior parte das máis
relevantes asociacións da representación galega bonaerense.
Tal
é así que, o seu inxente dinamismo tanto no terreo
social como político, lévao a presidir entidades de
vital importancia como a Casa de Galicia (S. José 224). Asemade,
dirixe desde a súa creación, en 1926, a revista Alborada,
e funda posteriormente a Sociedad Finisterre en America.
Casto
M. Insua, segundo os que o coñeceron e trataron en persoa,
destacouse sempre pola súa defensa vigorosa dos valores democráticos
e de respeto, así como pola súa profusión na
defensa da nosa cultura.
Morre
en Bós Aires (Arxentina) no mes de agosto de 1938, sendo
presidente da Casa de Galicia.
Entre
o 7 e o 18 de outubro deste ano 1998, a comisión de investigación
Casto M. Insua, realiza un acto de homenaxe.
Dixit
nuestro
espíritu no logra todavía hacerse a la dura realidad
de que Casto Ínsua se ha ido para siempre
Noticiero
Español, 11 de septiembre de 1938
Casa
de Galicia pierde su puntal más fuerte, sus amigos un consejo
fiel, la colectividad gallega pierde uno de sus mejores valores…
Sr.
Nantes, presidente de Casa Galicia
xa
estás, irmán, no silenzo eternal, á beira dos
centros e miles que deron a vida pola causa túa e nosa. Estás
cos precursores e cos mártires, nos nosos ollos e nas nosas
voses, na xa cercana hora magnífica da liberazón da
Nosa Terra.
Rodolfo
Parada, en nome do Partido Galegista
|