|
A VIDA DE XERVASIO PAZ LESTON
VE A LUZ GRACIAS A MIRO VILLAR
O poeta e filólogo Miro Villar
publica a súa
tése de licenciatura con Edicións
do Castro baixo o título
A poesía galega de Xervasio
Paz Lestón.
Redacción
No ano no que Xervasio Paz celebraría
o seu cen cumpreanos, Miro Villar publica un concienzudo estudo da súa
poesía, repartida en multiples publicacións, realizando ao
mesmo tempo unha contestualización histórica do momento en
que vivíu este mixíán do lugar de Serantes, parroquia
de Moraime.
Xervasio Paz Lestón, naciu no ano 1898,
e desenvolveu toda a súa vida na Arxentina, excepto uns oito meses
que retornou á terra, en 1925. O seu que facer na Arxentina deparou
uns cento oitenta e tres poemas en galego e castelán que foron publicados
en diversas revistas como Alborada, Boletín, etc. E o que
máis chama a atención son a grande cantidade de pseudónimos
que utilizaba, tales como Xalleiro, Pau de Ferro, Nerio, Roxo de Porcar,
Xulián de Moraime, Gundariño, etc.
Nestas últimas datas son varias as figuras
literarias da Costa da Morte que están a ver a luz gracias a estudiosos
moi novos que os están a rescatar do esquecimento, polo menos para
unha grande maioría de nós. Somos conscientes que hai ao
redor do Batallón Literario da
Costa da Morte, moitos interesados en que aqueles que tamén se decidiron
no seu tempo a rachar, e adicarse as letras, non sexan esquecidos, e é
mais, a que sexan coñecidos por todos. Querémoslles dar animo,
xa que no esquecimento se atopa a ignorancia máis profunda.
(Miro Villar é membro
do Batallón Literario da Costa da Morte, e ten recibido xa algún
premio internacional pola súa obra, a parte do recoñecemento
de todos os que o teñen lido).
Hai hoxe oito dias
|