|
|
|
|
A
Costa da Morte será un dos escenarios do Congreso Internacional
de Semiótica Información
ofrecida por
Radio Nordés
O Congreso Internacional de Semiótica reunirá en Galicia durante a vindeira semana catrocentos expertos de todo o mundo, que tamén se achegarán á Costa da Morte. A terceira xornada do Congreso, o mércores 29, inclúe no seu programa os concellos de Ponteceso, Camariñas, Muxía e Fisterra. A visita á Costa da Morte comezará en Ponteceso e Corme para desprazarse, posteriormente, a Camariñas e ao Cabo Vilán. A comida terá lugar nos restaurantes Catro Ventos e La Marina. Os alcaldes de Camariñas, Fisterra e Muxía serán galardoados coa insignia de ouro da Asociación Galega de Semiótica. Xa pola tarde achegaranse ao concello de Muxía, onde visitarán o Santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. Ás seis da tarde está prevista a chegada a Fisterra, onde se celebrarán os actos académicos. A igrexa da Santa María das Areas acollerá unha táboa redonda e a ponencia plenaria. A táboa redonda, baixo o título As tradicións da Costa da Morte, contará coa participación de Manuel Ángel Muro que falará de Finisterre: límite y mar como concepto posmoderno. Manuel Cousillas farao sobre La Costa da Morte: enclave mágico. Torres Queiruga tratará o Futuro da relixión, relixión do futuro e o venezolano Víctor Bravo os Terrores marinos. Ás sete e media, o escritor chileno Jorge Edwards exporá a súa ponencia sobre o milenarismo.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
|||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|