|
VERAN REPLETO DE FESTAS NA COSTA
DA MORTE.
A temporada estival vén
marcada na Costa da Morte polas numerosas festividades que se celebran
ao longo de toda a zona.
Información ofrecida por
Radio Nordés
Unha
grande cantidade de vilas celebraron xa a festividade da Virxe do Carme,
patrona dos mariñeiros e que, polo tanto, ten unha grande significación
na Costa da Morte.
Pero o mes festivo por excelencia segue a ser o
de agosto. Esta fin de semana coinciden multitude de celebracións.
O domingo día 1 terá lugar a II Festa do Poldro, no concello
de Vimianzo, e na que haberá
dende desfiles ata degustación gastronómica de carne de
poldro. O mesmo día, celebrarase en Fisterra
a IX Festa do Longueirón. A degustación deste molusco característico
das zonas fisterrás, estará acompañada por actuacións
musicais.
Por outra banda, en Cabana
de Bergantiños celebrarase a romaria de San Fins do Castro, patrón
do concello. Esta celebración, recuperada nos anos trinta polo
párroco Don Saturnino Cuiñas, destaca polo tradicional 'Berro
Seco' (que da nome a un disco de Milladoiro)
e o himno de San Fins. Tamén no domingo, no campo de San Pedro
Martir, no concello de Cee, terá
lugar a 'Festa dos Maiores', con comida campestre e actuacións
folclóricas. E a vindeira fin de semana tamén terán
lugar outros dos eventos obrigados nos veráns da Costa da Morte:
a Festa da Carballeria, no concello
de Zas e a Festa da Fervenza, en Mazaricos.
NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER !!!

visite os nosos anunciantes
|
|
Torres do Allo
O presidente en funcións
da Deputación de A Coruña,
Augusto Cesar Lendoiro, colocou a primeira pedra da rehabilitación
das Torres do Allo. O edificio,
comenzado no s. XIX, albergará un museo comarcal.
|
|
Peregrinación
A asociación Neria organiza
unha peregrinación pola prolangación do Camiño
Xacobeo a Fisterra e Muxía.
Celebrarase entre o 5 e o 8 de agosto.
|
|
Festa da Xunqueira
O Concello de Cee ven de poñer
en liña a programación da Festa
da Xunqueira, unha festa máis que recomendable, e
que conta coa actuación do grupo Luar
na Lubre. Recorde que a vila de Cee
está considerada como o centro comercial da Costa da
Morte, en parte pola súa feira dos domingos, á
cal acude multitude de xente de toda a zona.
|
|