![]()
visite os nosos anunciantes |
|
UN
PERCEBEIRO DE CORME QUERE AVERIGUAR O VERDADEIRO SIGNIFICADO DO NOSO
PASADO. Información
ofrecida por
Cadena Ser Bergantiños
Suso Lista, un percebeiro de Corme anda empeñado en darlle a volta á historia local. O seu traballo deixalle tempo libre dabondo -no 98 tan só puido ir ao percebe setenta e sete días en todo o ano-, de maneira que emprega os días na súa afección favorita, que é a de percorrer os montes da zona na percura de probas ou restos arqueolóxicos cos que poder amosarlle aos seus veciños o verdadeiro pasado hitórico do lugar. A principios do mes de febreiro Suso atopou, nun dos seus percorridos, unha laxe chea de inscripcións gravadas na pedra, e de formas diversas, disas que os científicos dan en chamar "petroglifos". Suso contouno en Radio Bergantiños-Cadena Ser "Levei a sorpresa máis grande da miña vida xa que sempre andiven a buscar algo polo estilo". Aquel día, do grande descubrimento, Suso deixárase levar pola súa intuición e cambiou a ruta habitual cara Gondomil para desviarse ata outra banda, cara a unha zona na que nacen dous ríos. Despois dun bo treito cheo de dificultades e canso de tanto andar, botouse un rato a descansar sobre unhas rochas e, no medio dun pitillo, foi cando lle pareceu divisar algo aló abaixo que andaba medio oculto entre os toxos e as silveiras. Suso deu un salto, o seu corazón xa dera antes outro, e dirixíuse cara a aquelo que resultou ser unha gran laxe e que contiña símbolos gravados na súa faciana externa. Aínda que non soubo interpretalos ista foi para el unha proba de que o entorno debera de estar poblado hai miles de anos por seres humáns dos que aínda seguramente os cormeláns levan vestixios no seu sangue. "Aquí en Corme ten que haber moitos mais restos destas ou doutras características" -advirte Suso Lista-, "pero será que ainda hai que ter mási paciencia". O percebeiro non se explica como na actualidade, e cos medios xa existentes, non se pon un maior empeño por parte dos especialistas para aclarar o noso pasado. Non comprende como as lendas seguen a ser boa parte da explicación dos restos históricos que afloran nestes lugares, como por exemplo no caso da "pedra da serpe" de Gondomil, á que parece ser que non se lle encontrou outra procedencia máis científica que a de conmemoración da fazaña feita por Santo Adrián cando escorrentou ás serpes do lugar. Suso cree que as lendas poden servir de punto de partida para unha investigación de carácter serio, e pon coma exemplo algunhas furnas das que falan os mariñeiros: "Nunha delas segundo os vellos do lugar, hai unha porta trala que se agachan unhas escaleiras e dentro hai praia e todo", dixo Suso na radio. El di que, polo momento, tense que conformar cos catro libros de sempre nos que se recollen algunhas das investigacións dos arqueólogos e historiadores: "A min quen me dera o arquivo de Simancas, que estaría todo o día pegado a él", -comentou. Antes, na asociación de Veciños de Corme dispuñan de conexión a Internet pero un día o Concello cortouna, e agora Suso quedouse desconectado do mundo que existe mais aló deses libros. A Suso Lista quédalle a esperanza de poder atopar máis restos ocultos entre os toxos dos montes polos que patea, e despois do seu achádego aínda está mais convencido de que vai ser así. Agora tan so fai falla que os investigadores deixen de xogar ás lendas e se poñan a traballar con seriedade para poder aclarar a escuridade do noso pasado primitivo. Ista é a chamada urxente diste xoven percebeiro que agarda á chegada do momento no que haxa novos restos arqueolóxicos cos que lle dar a volta á historia de Corme. (A entrevista con Suso Lista foi emitida o pasado día 7 de febreiro de 2000 no programa "Vivir en Bergantiños", de Radio Bergantiños-Cadena SER). NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
|||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|