|
|
![]()
|
|
O Concello de Cee contará cun Parque Empresarial Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser.
O Concello de Cee ven de firmar un protocolo coa Dirección Xeral do instituto Galego da Vivenda e Solo que, segundo ámbalas duas institucións, dará un pulo definitivo á creación dun Polígono Industrial no concello ceense. A edificación dun parque empresarial é unha antiga demanda dos empresarios ceenses. Segundo o acordo firmado polo alcalde Manuel Lamela, e o director xeral do ente autonómico, José Antonio Redondo, o polígono contará cunha superficie de douscentos mil metros cadrados, si ben, tal e como consta no documento, a súa execución podería ser realizada por fases. Para Antonio Domínguez, concelleiro Popular na vila da Xunqueira, este é un importante paso na promoción industrial da vila... O Documento sinala que o instituto Galego da Vivenda e o solo será o encargado de financiar os estudios, traballos técnicos e proxectos necesarios para as obras que levará a cabo a empresa Xestur. O concello pola súa banda, deberá encargarse da execución das obras e os servicios de infraestructuras exteriores do polígono, coma por exemplo os accesos ó mesmo.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
|||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|