Camiño de Santiago a Fisterra

Catalogo de este oleiro de  Buño

Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica.
Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís
Olería de BuñoAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 78
Descontos do 10%
 
 

AS LETRAS GALEGAS NA COSTA DA MORTE.
Ao igual que toda Galicia, a Costa da Morte celebra estas Letras Galegas adicadas a Roberto BlancoTorres.

Redacción
Carballo

Non cabe dubida de que na Costa da Morte temos un dos centros da cultura a nivel de todo o pais, e que desde logo ten un enorme mérito, xa que desde unha aldea de pouco máis de vinte casas, os seus veciños son capaces de facer de O Couto a referencia nestas datas. Desde o 7 ata o 17 de maio, a Asociación Monte Blanco é capaz de animar á xente da Costa da Morte, e facelos coñecedores do que está a ocorrer no eido da cultura, desde os Roteiros Pondalianos, pasando por achegar a recoñecidos escritores como Fina Casalderey, Xelucho Abella, Xosé Luis Otero Cebral ou Xosé Manuel Varela os rapaces do colexios. Tamén teñen tempo para editar a sua revista Terra Bárdica, ou montar a casa da artesanía, crear aulas da arte, facer homenaxes a Pondal e á propia Fina Casalderey; e como non, música, pasaremos todos polo Festival Folc, a disfrutar con Bagoa da Raiña, Atalora e as xeniales pandereteiras Raigañas de Cerqueda. Como lles decía, hai actos en toda a Costa da Morte e en toda Galicia, pero de seguro que non podemos deixar de pasar polo Couto, en Ponteceso.

Outro dos puntos fortes destas letras, será Carballo, xa que coincide coa celebración da Feria do Libro, esperanse celebrar varios actos paralelos, empezando pola presentación da guía No Confín dos Verdes Castros de Xosé Manuel Varela, tamén se celebrará a presentación de A Ermida do Diaño de Xelucho Abella, ou a nova novela de Asunción Antelo As Penurias dun Amor. Haberá tamén obradoiros de arte e encuadernación, celebraráse o III Rexoubeo Poético e o XIX Concurso Infantil de Pintura, estes últimos organizados pola A. C. Lumieira. E como non, o Concello organiza Dez Horas Lendo, un maraton de lectura, no que a xente, expontaneamente le ós autores ós que se lle veñen adicando as letras nestes anos. Dentro da feira do libro, haberá sorteos de libros todos os días.

Tamén en Malpica, moitas actividades, musica, libros, teatro: en Vimianzo, poderemos asistir ó teatro do grupo Badius de Baio, os obradoiros de cerámica ou participar nos concursos de contos en galego; en Laxe estará intalado Divertilandia, moitivimos divertimentos para os máis novos; en Cee podemos asistir as multiples actividades da semana da letras. E en todos os concellos da Costa da Morte en definitiva, poderá asistir a actos todos eles interesantes, adicados a dar a coñecer a nosa cultura, que hai moito que amosar, tamén durante todo o ano.

Si non é este ano, si para anos vindeiros, teña en conta que na Costa da Morte (tamén en maio)...

...HAI MOITO QUE VER.


 

Novas do 1997

 


Turismo Rural no camiño a Fisterra
visite os nosos anunciantes

 

A Librería Trazos ofrece nestas datas un desconto dun 10% .

Durante a Semana das Letras Galegas, ademáis de presentar dous novos escaparates, un en galego adicado a Roberto Blanco Torres, e outro en castelán adicado os libros máis vendidos. Tamén hai que ter en conta que estes libros se poden mercar en liña.

Xa temos máis información sobor do V Congreso Interanacional de Asociacións Xacobeas.

Dentro do noso espacio adicado ó Camiño a Fisterra e Muxía, podense ver desde hoxe, un boceto das actividades e como presentar unha ponencia no mesmo.

Afunde un novo barco en Fisterra .

O pesqueiro Maria Pilar, afundiuse a cincuenta metros de Illa Lobeira, aínda que os seus tres tripulantes foron rescatados sans e salvos, non deixa de incomodarnos cada vez que un dos nosos barcos se vai a pique.

Xa queda menos para saber quen gañará a Copa da Costa..

Próximos enfrentamentos: Cee & Lira, Corme & Milagrosa, Mazaricos & Outes e San Lorenzo & Ponteceso.
Pero como non todo e futbol, queremos decir tamén que Su a Agra de Baio debe gañar para manterse na 1ª división de xadrez; que o Xiria de balonman xuvenil proclamouse campión da Copa Delegación; que a equipa de Alexandra púxose de primeira no torneo de chave de Bergantiños e tamén que o Xiria de balonbolea gañou o título galego cadete masculino. E que o vindeiro sábado 15 temos proba do Campeonato Galego de Autocros en Coristanco.

 
Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com