FIN DO VERAN, PRINCIPIO DO DISFRUTE
Ben, xa está o verán na sua recta final, incluso na Costa da Morte onde puidemos disfrutar dun mes de agosto ideal para os amantes do sol, pero de seguro que ainda moitos de vostedes non puideron disfrutar de vacacións, pois non o dubide e veña á Costa da Morte. 
  
Manuel L. Pan  

É a partires de agora cando vostede poderá disfrutar da plenitude da Costa da Morte, si non lle interesa o sol ou a festa rachada da que disfrutamos no verán, e en cambio prefire coñecernos tal e como somos, coas nosas tradicións e xeitos de vida, si de verdade quere coñecer as nosas tarefas diarias, e quere disfrutar da plenitude dos nosos lugares, das nosas fermosas aldeas, das bravas costas, dos monumentos tan exquisitos e cheos de historia e como non, das lendas que siguen vivas nas nosas xentes, non o dubide e veña á Costa da Morte. 

Foron moitos os que coñeceron os días de temporal da Costa da Morte e se quedaron tan impresionados da sua forza, da sua beleza e do seu feitizo, que non foron quen de abandonarnos, desde aquel alemán que se fai chamar MAN, e que xa forma parte das rochas de Camelle  polos anos que leva vivindo pegado a ellas; ata ese pintor xaponés que vive nun outeiro de Muxía e busca a inspiración no tempo; ata o cultivador dos paises baixos que viu nas terras de Fisterra o seu ideal para vivir e montar os seus amplísimos invernadoiros; ou o noso amigo Manolo Rivas, que desde as terras de Vimianzo fai tremer o mundo enteiro co seu saber e o seu sentir, así como outros moitos, que desde o seu anonimato fan de nós, das xentes que habitamos este finisterrae, unhas persoas abertas e afables, persoas que coñecemos as historias do mundo, ben por estas xentes que no lo amosan, ou ben polos nosos mariñeiros que percorreron e percorren os mares de todo o mundo decindo de onde son, e desexando eles tamén voltar a esta Costa da Morte, que para eles é a vida toda. 

De feito quero que esto sirva como unha pequena homenaxe a aqueles mariñeiros da Costa da Morte que están polo mundo, e que visitan o noso Site, e nos mandan as suas emotivas mensaxes. Bogade con xeito que estamos agardando por vos. 

 
Hai hoxe oito dias
 
  
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com