NOVA IMAXE PARA A OLERIA DE BUÑO
A olería de Buño está de noraboa, xa que ven de sair a luz a sua nova imaxe, que fará que a nosa olería sexa facilmente recoñecida e diferenciada.
 
 
Manuel L. Pan 

Gracias a unha unión de esforzos entre o IGAPE, o Consorcio Municipal de Malpica, o Ministerio de Economía e Facenda, o Concello de Malpica, a Unión Europea, o Restaurante Casa Elías e a Asociación  Oleira de Buño, puidose levar a cabo unha importante acción a prol da Olería de Buño, que de seguro levará ó realce e despegue de dita artesanía.

Este traballo ten varias fases, que comezan coa realización dun estudio de mercado para ver de como deseñar a imaxe corporativa, e tamén se obtivo como resultado que a denominación común sería Olería de Buño. Con esta base, o taller Oceanográfico de Publicidad realiza dita imaxe, a cal se plasma en diferentes autocolantes, tres tipos de caixas de embalaxe, bolsas de diferentes tamaños, monolitos para situar nas diferentes entradas do pobo, etc. E o que tamén é moi importante, decidiuse de realizar unhas etiquetas que identifiquen cada peza, tanto de que época é orixinaria, como quen é o oleiro que a realizou, como si foi realizada en forno de leña ou de gas, todo para que o consumidor final teña a información suficiente do que está a mercar, e se decida por unha cousa ou outra, pero sempre sabendo o que compra.

A parte de toda a imaxe de marca, tamén se realizou un catálogo comercial da olería de Buño, que vostede poderá pedir no web da olería de Buño, este catálogo en tres idiomas, galego, Inglés e Castelán, pretende levar a Buño alí onde sexa reclamado, como así espera tamén Abertal Comunicacións, a empresa que realizou o WEB, e que espera que este sirva para que Buño sexa verdadeiramente recoñecido en todo o mundo.

Esperando longa vida para a Olería de Buño, e aos seus oleiros, e que estes aproveiten a ocasión que se lles presenta para revalorizar as suas obras. 
 
 
 

Hai hoxe oito dias
 
  
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com