Fisterra, Laxe, Malpica e Razo , reciben a Bandeira Azul da Unión Europea
A calidade e os servicios das praias da Costa da Morte destacan polo número de bandeiras azuis con respecto ó resto de Galicia.

Manuel L. Pan 
 
Toda a Costa da Morte ten unhas praias incribles de area branca e fina, unha vexetaión exuberante, e un mar aberto e limpo. 

Neste ano son catro as praias que consiguen o preciado galardón da Bandeira Azul da Unión Europea, o cal as destaca sobor das demais, ainda que para min hai outras moito máis apetecibles, ainda que con moita menos concurrencia (e mellor así), nas que non colle moita xente, e ole a mar e campo ó mesmo tempo, nas que se misturan as duas bravuras da Costa da Morte que continuamente están a se enfrentar, a bravura do Mar ó bater na Costa e a cápacidade desta por botarlle enriba toda a sua vexetación e o seu poder de resistencia. 

Desde o ano 1993 as praias de Laxe e Fisterra  contan con este distintivo, a de Malpica non ten nada que envidiarlle, tanto en servicios como en paisaxe. A praia de Razo, (Carballo) é a a que figura na portada da guía das praias con Bandeira Azul de todo o Estado Español  e a única da Costa da Morte que ten esta denominación ininterrumpidamente desde hai 10 anos. 

Segundo palabras do alcalde de Laxe, D. Antonio Castro, recollidas por La Voz de Galicia, este distintivo axuda a reafirmar a Laxe como a Capital Turística da Costa da Morte, ainda que eu creo que hai que reclamar eso si á Costa da Morte como a Capital do Turismo de Calidade de Galicia. 

E aproveito para recordarlles a todos vostedes que cada vez mais,  
 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER
 
Hai hoxe oito dias
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Abertal participa no proxecto Smarts da Unión  Europea
Información : costadamorte@finisterrae.com